Para obter a licenza de uso da marca Galicia Calidade hai que cumprir as seguintes fases:
- Presentación das solicitudes.
- Entrega da documentación en Galicia Calidade, S.A.U.: documentación básica do sistema de calidade da empresa así como do produto proposto.
- Procedemento de concesión.
- Auditorías e ensaios.
- Proposta de concesión.
- Concesión da marca.
DOCUMENTACIÓN BÁSICA
As empresas que soliciten o uso do selo de garantía deben presentar a seguinte documentación:
- Escritura de constitución ou documento que acredite a súa personalidade.
- NIF ou CIF.
- Solvencia económica e financeira (balances, contas de explotación e contas anuais).
- Certificación das obrigas tributarias e da Seguridade Social.
- Resumo anual do IVE.
- Documento que acredite ter rexistrada ou protexida a marca para a que se solicita o selo Galicia Calidade.
Galicia Calidade, S.A.U. poderá solicitar calquera outra información que estime pertinente, tanto para a concesión inicial do dereito de uso da marca como con posterioridade.