Galicia Calidade certifica os produtos da empresa do Pino Tartas La Abuela

.

Galicia Calidade
Entrega certificado Tartas La Abuela

A xerente de Galicia Calidade, organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, Ana Méndez, reuniuse cos responsables da empresa Tartas La Abuela, nas súas instalacións do Pino (A Coruña), para entregarlles a certificación que acredita a posesión do selo de garantía de Galicia Calidade, con validez para os próximos trinta anos, e que permite á empresa engadir o distintivo nas diferentes accións para a súa promoción comercial, así como incluír a nova sinalización na súa fachada.

Tartas La Abuela é unha empresa que nace en 1981 da man da familia Rodríguez Piñeiro cun desexo: elaborar Torta de Santiago da máis alta calidade. Co paso dos anos quixeron ampliar horizontes desde a sensibilidade de unir a arte coa gastronomía.

Nesta xuntanza a responsable de Galicia Calidade destacou o "compromiso que manteñen coa repostería tradicional", á que unen innovación e tecnoloxía na súa elaboración, para satisfacer os criterios de excelencia que agardan os seus clientes.

instagram facebook twitter youtube