Galicia Calidade certifica os produtos de Legufrut Agro co seu selo de garantía

.

Galicia Calidade
institucional
Legufrut Agro

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, entregou hoxe ao equipo directivo da empresa Legufrut Agro a certificación que acredita a posesión do selo de garantía de Galicia Calidade, no transcurso dun encontro mantido nas súas instalacións de San Cibrao Das Viñas (Ourense).

Desde xeito, Galicia Calidade, organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, permite a Legufrut Agro engadir o distintivo do selo de garantía da Xunta de Galicia nas diferentes accións para a súa promoción comercial, así como incluír a nova sinalización na súa fachada.

Legufrut Agro é un empresa especializada na produción, recepción propia e de terceiros, selección, clasificación, envasado, etiquetaxe, almacenamento e distribución de froitas, verduras e hortalizas. A compañía ofrece aos agricultores a posibilidade de diversificar as súas explotacións mediante a produción de horta de calidade, recibindo asesoramento e seguimento da súa produción desde o preciso momento de plantar ata a entrega do produto e cunha excelente seguridade na comercialización.

Nesta xuntanza, a xerente de Galicia Calidade destacou o "compromiso coa agricultura de proximidade, apostando por produtos galegos auténticos e de alta calidade”, o que fai que a empresa sexa un referente no sector e comercialice algúns dos seus produtos baixo a certificación Galicia Calidade.

instagram facebook twitter youtube