Vegalsa-Eroski pon en valor a alimentación galega de calidade nos seus supermercados

A compañía galega de distribución alimentaria lanza unha campaña especial de promoción centrada en produtos amparados baixo o distintivo autonómico Galicia Calidade, que conta con máis de 350 referencias activas nos seus hipermercados e supermercados Eroski

Vegalsa-Eroski;
Presentación campaña Galicia Calidade en Vegalsa-Eroski

Fiel á súa aposta continuada pola promoción de produtos de proximidade na súa rede comercial, a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski pon en marcha desde hoxe mesmo nos seus hipermercados e supermercados Eroski unha campaña especial de promoción de produtos amparados baixo o distintivo autonómico Galicia Calidade. O obxectivo desta iniciativa, que conta coa lema “É bo que sexa de aquí”, é bo que sexa Galicia Calidade”, é promover a identificación dos artigos certificados ante o consumidor, resaltando a súa calidade como factor diferencial.

 

Coincidindo co arranque desta colaboración, a directora xerente de Galicia-Calidade, Ana Méndez, visitou esta mañá o Eroski Center de Betanzos xunto a representantes de Vegalsa-Eroski para apoiar esta iniciativa. “Unha das funcións de Galicia Calidade é a de apoiar os produtos certificados na súa comercialización e con Vegalsa-Eroski levamos varios anos colaborando. Sabemos da súa aposta polos nosos produtos e queremos darlles as grazas”. Pola súa banda, o director de compras de Vegalsa-Eroski, Jorge Eiroa, indicou que esta campaña é “un fiel reflexo do noso compromiso constante cos produtos e provedores da nosa terra. A aposta polos selos de Indicacións Xeográficas Protexidas, Denominacións de Orixe e de Galicia Calidade, que impulsa a competitividade das empresas galegas nos mercados nacionais e internacionais, supón ademais un plus de valorización e dá resposta ás necesidades dos nosos clientes, cada vez máis comprometidos cun consumo responsable a través da adquisición de produtos de tempada, proximidade e calidade certificada”.


Campaña activa ata final do ano

Vegalsa-Eroski arrinca esta acción destacando máis de 350 referencias co distintivo Galicia Calidade nos seus 100 establecementos hipermercados e supermercados Eroski de Galicia. Entre os produtos destacados atópanse, entre outros, froitas, verduras, carnes, embutidos, queixos, iogures, conservas ou diferentes bebidas, entre outros. A campaña permanecerá activa desde hoxe mesmo até o próximo 31 de decembro, mediante a sinalización dos produtos destacados -tanto na propia tenda como nos folletos comerciais- ademais de importantes promocións e descontos dispoñibles para todos os clientes.

 

Comprometidos coa cadea de valor desde a orixe

Vegalsa-Eroski reforza cada ano o seu compromiso cos provedores locais a través do aumento do seu investimento en compras de proximidade. No presente exercicio (desde febreiro a novembro deste ano), a compañía galega de distribución destinou preto de 450 millóns de euros a compras locais, o que supón xa o 40% das súas compras totais.

 

Por categorías, a carne é sinónimo de frescura nos establecementos de Vegalsa-Eroski sendo a máis representativa en compras a distribuidores galegos, con máis de 17.000 toneladas adquiridas e cun investimento de preto de 45 millóns de euros neste período. A adquisición de froitas e hortalizas supuxo durante estes meses preto do 10% das compras locais realizadas, con máis de 23 toneladas adquiridas por valor de 45 millóns de euros. Falar de pesca en Vegalsa-Eroski é pór en valor a compra en orixe nas lonxas galegas e os portos máis próximos (Burela, Celeiro, A Coruña, Malpica, Laxe, Ribeira, Marín e Vigo). A súa adquisición supuxo no que levamos de ano preto do 7% do total, con máis de 5.000 toneladas por valor de 31 millóns de euros. A obtención de leite neste período máis do 10% do total de compras realizadas, sendo conscientes da importancia estratéxica da produción e comercialización láctea para Galicia, con compras por valor de 49 millóns de euros en toda a sección de lácteos.
 

instagram facebook twitter youtube