Sostibilidade

Fondo da paxina de sostibilidade
Produtos de Galicia CalidadeProdutos de Galicia Calidade
Produtos de Galicia Calidade

Un Nadal sostible con Galicia Calidade

A tradicional artesa de madeira reinvéntase este Nadal para conservar produtos galegos de calidade certificada.

Empregada durante décadas nas casas galegas para levedar a masa para facer o pan e gardar alimentos, mantén a súa función orixinal, a de conservar os nosos mellores produtos de proximidade e o bo facer dos nosos produtores.

Icono reinterpretación
A reinterpretación da artesa tradicional de madeira para os fogares do século XXI

As artesas son arcas ou caixóns de madeira con catro patas e tapadeira que se empregaban para facer levedar a masa e almacenala no proceso de elaboración do pan.

O concepto tradicional adáptase para crear unha mini artesa que pode cumplir a súa función orixinal ou empregarse como paneira, como unha pequena despensa de alimentos ou incluso como fruteiro.

Fabricada en madeira de piñeiro pola carpintería de A Estrada TecModel, conta con certificacións FSC e PEFC que garanten que a súa madeira ten unha orixe forestal responsable e sostible.

 
 
❚❚
 
Produtos sostibles Galicia Calidade

As empresas certificadas pola nosa marca de garantía destacan pola calidade dos seus produtos, que ademais contan historias de sostibilidade.

Descubre os produtos integrados na nosa artesa de Nadal e as súas historias:

Artesanía sostible galega
Artesanía sostible galega

Incorporamos vaixela e cubertos de madeira elaborados por Atalanta Madera, unha empresa familiar de A Estrada de varias xeracións de artesáns torneiros, e Artesanía Armaior, firma de Quiroga dirixida por unha terceira xeración de artesáns da madeira.

Integradas en Artesanía de Galicia, empregan para os seus produtos madeira de proximidade e certificada, e elaboran pezas deseñadas para perdurar no tempo.

Iniciativa promovida por Galicia Calidade en colaboración con Artesanía de Galicia para difundir hábitos de consumo sostibles en liña co Pacto Verde Europeo promovido pola Comisión Europea. Gracias ás empresas e institucións pola súa colaboración.

instagram facebook twitter youtube