Inicio / Noticias / Notas de prensa / Galicia Calidade ampara os produtos de tres novas empresas
18/05/2010.

Galicia Calidade ampara os produtos de tres novas empresas

Mariscos Linamar, Patatas Conde e Kiwi Atlántico recibiron o certificado de uso da marca de garantía

Galicia Calidade continúa a amparar os mellores produtos e servizos galegos. Nesta ocasión, as empresas galegas Maricos Linamar, Patatas Conde e Kiwi Atlántico recibiron da man do xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila, o certificado de uso da marca de garantía. Con estas novas adhesións, son xa 35 empresas e 110 produtos os amparados polo marca de garantía pública.

No acto de entrega, o xerente de Galicia Calidade deu a benvida a estas tres empresas novas ao tempo que recordou a importancia que supón para os produtos galegos de calidade a súa diferenciación nos mercados, tanto nacionais como internacionais. Nun contexto cada día menos favorábel para as vendas de produtos, pola coxuntura económica actual, as empresas, subliñou, teñen que lograr posicionar do mellor xeito posíbel o seu produto e o feito de contar coa distinción de Galicia Calidade supón unha fórmula idónea para conseguilo.

Os produtos que contan co distintivo da marca de garantía pública ofrecen ao consumidor a garantía e a confianza necesaria, avalada polo feito de que esta distinción vén amparada por un organismo público como é Xunta de Galicia. Na actualidade son xa 35 as empresas que contan con produtos amparados dos que máis do 90 % pertencen ao sector agroalimentario, un dos sectores máis prolíferos e esquisitos de Galicia. Concretamente, as tres empresas que hoxe recibiron o selo de garantía pertencen a este sector, ao da alimentación.

Mariscos Linamar
Mariscos Linamar, empresa afincada en Cambados, nace no ano 1998 co obxectivo de distribuír mariscos das Rías Galegas ao mercado nacinal e exterior sempre primando as directrices do servizo e calidade. Comezou a súa andadura como mera empresa comercializadora ata que adquiriu as súas propias instalacións onde poder realizar a totalidade do proceso produtivo: dende a depuración até o envasado. A empresa conta cos mellores profesionais do sector, xente coñecedora do produto e do mercado, xente na que os clientes poden depositar a súa confinaza.

Destaca a súa capacidade de innovación e adaptación aos novos mercados, sendo pioneira no método de envasado de moluscos en atmósfera protectora, que unido ao envasado tradicional, permite ampliar mercados a nivel nacional e internacional. Mexillón, ameixa, berberecho, ostra, bígaro e percebe son algúns dos produtos que Mariscos Linamar comercializa envasados en atmósfera protectora en diversos formatos adaptados a todos tipo de familias ou establecementos hostaleiros.

Patatas Conde
Nace a comezos da década dos setenta nun pequeno almacén de Ourense coa misión de reparto e distribución de patacas pola cidade. Na década dos oitenta amplía o seu campo social a venta maior de patacas, trasladándose a zona productora, Xinzo de Limia – Ourense. E iniciando a comercialización do producto a todo o territorio nacional e a exportación.

Na actualidade por Patatas Conde actúa nos tres grandes frontes que demanda o marcado, comercializando:patacas para Industria, patacas para consumo e patacas de semente de todas as variedades.Na empresa impera o afán de crecemento e superación, polo que na actualidade traballase nun proxecto de expansión de novas tendencias de envasado do producto e de novos horizontes comerciais, así como na ampliación de instalacións e maquinaria.

Kiwi Atlántico
Kiwi Atlántico S.A. constitúese no ano 1.988 como resultado da unión de 30 kiwicultores de Galicia e Asturias coa clara vocación de lograr a maior rendibilidade para os seus socios. Actualmente ten 69 socios-productores e a producción incrementouse das 132 Tm a mais de 4.300 Tm. E en 32 asociados-productores cunha producción aproximada de 2.400 Tm. Formada íntegramente por productores de kiwi que uniron os seus esforzos para a comercialización conxunta das súas produccións sen ningún tipo de tratamento pesticida, xa que nun principio a producción era para consumo propio.

O feito de que as zonas de producción sexan en Galicia permite unhas características específicas desta froita que debido á acidez do solo e da auga así como á falta de xeadas no outono, dá como resultado un fruto cun grao de azucre ideal para o seu consumo, un sabor agridoce longo e afroitado característico que non teñen as froitas doutras zonas europeas como Italia ou Grecia. A comercialización realízase a partir de produccións propias, co asesoramento técnico que uniformiza os criterios productivos e que polo tanto é uniforme ó longo de toda a campaña para garantizar que a froita foi cultivada segundo o criterio da sociedade, kiwi sen tratamentos.

Redes sociales

Multimedia