Inicio / Noticias / Notas de prensa / Galicia Calidade colabora co concurso gastronómico Santiago(é)tapas
19/06/2008.

Galicia Calidade colabora co concurso gastronómico Santiago(é)tapas

O galardón "Tapa Galicia Calidade" recoñecerá a mellor contribución á posta en valor do produto galego

Turismo de Santiago de Compostela presentou esta mañá o premio Tapa Galicia Calidade, que recoñecerá a posta en valor do produto galego, un galardón enmarcado dentro do concurso gastronómico Santiago(é)tapas, organizado pola Concellaría de Turismo de Compostela.??No acto tamén estiveron presentes o organizador do evento e concelleiro de Turismo de Compostela, Xosé Manuel Iglesias; o xerente de Galicia Calidade, Xabier Ignacio Louzao; o xerente de Santiago Turismo, Iñaki Gaztelumendi; e o delegado comercial de Estrella de Galicia en Santiago, Guillermo Fernández Iglesias. ??O premio Tapa Galicia Calidade, en sintonía cos obxectivos da sociedade, nace coa intención de recoñecer aquela tapa que teña como elemento fundamental o produto galego e que coa súa elaboración mellor contribúa a súa posta en valor.

O galardón será decidido por un xurado no que participará un técnico de Galicia Calidade e está dotado con 500 euros e un diploma acreditativo. Galicia Calidade participa como colaborador especial neste I Concurso de Tapas.??O premio Tapa Maridaxe Estrella Galicia recoñecerá a aquela tapa que mellor combine coa cervexa Estrella Galicia.

O premio será unha viaxe para dúas persoas a Praga, para coñecer de primeira man as cervexarías austríacas, que son das máis recoñecidas do mundo. Estrella Galicia, adherida a Galicia Calidade, é o patrocinador oficial de SANTIAGO(é)TAPAS.??Os restantes premios serán a Mellor Tapa, Tapa Tradicional e Tapa Creativa, outorgados polo xurado, e o premio Tapa do Público, decidido por votación popular. Estes teñen unha dotación de 1.000 euros cada un e o gañador da Mellor Tapa será agasallado ademais cunha campaña de comunicación en prensa local. Entre todos os estabelecementos participantes sortearase unha invitación para dúas persoas ao Fórum Gastronómic de Girona. Todos os premios daranse a coñecer nunha gala que terá lugar o 16 de xullo.??Para fomentar a participación de composteláns e turistas no concurso Turismo de Santiago porá en marcha o Tapasporte, a “Compostela de Tapas”. Facendo un símil coa credencial que utilizan os peregrinos cando chegan a Santiago de Compostela, esta orixinal ferramenta propón rutas ou (é)TAPAS gastronómicas, formadas por estabelecementos próximos entre si, para promover as diferentes zonas de tapeo da cidade.

Os usuarios do Tapasporte recibirán un selo tras consumir a súa tapa e poderán optar a unha serie de premios segundo o número de (é)TAPAS que completen. A partires da vindeira semana, en www.santiagoetapas.com estará a disposición do público a ficha técnica de cada tapa co seu nome, ingredientes e xeito de preparación, ademais dunha fotografía.

Redes sociales

Multimedia