Inicio / Noticias / Notas de prensa / Galicia Calidade colabora coa Festa do queixo de Arzúa
22/02/2010.

Galicia Calidade colabora coa Festa do queixo de Arzúa

A Feira terá lugar entre o 5 e 7 de marzo na capital arzuana

O vindeiro fin de semana terá lugar no concello coruñés de Arzúa a 35ª edición da Festa do Quixo de Arzúa, que unha vez máis contará co apoio de Galicia Calidade. O evento acollerá aos sector produtivo do queixo así como a profesionais da hostelaría, organismos públicos, visitantes ou mesmo turistas pois a capital arzuana sitúase en pleno camiño de Santiago, un reclamo acrecentado neste ano por tratarse de Ano Xacobeo.

Ademais da excelenetes actuacións musicais presentes no seu programa,a Festa do Queixo de Arzúa serve cada ano para que os produtores da contorna podan dar a coñecer o seu produto, que o consumidor coñeza de primeira man as bondades dun produto tan natural e sano como é o queixo e, ademais, poda saborear tan esquisito manxar.
Para Galicia Calidade calquera feira deste tipo, onde se promocionen os produtos galegos de calidade, como neste caso o queixo protexido con Denominación de Orixe Queixo de Arzúa resulta de especial interese. É por este motivo que a marca de garantía pública galega continúa coa súa colaboración decidida cun evento que cada ano suma máis visitantes e que se sitúa como un dos eventos de promoción de produtos alimentarios máis importantes de Galicia. Ademais, na actualidade Galicia Calidade xa conta cunha empresa que ten queixo amparado por esta D.O como é o caso de Queserías Castillo de Pambre.

Un produto de calidade
O queixo amparado pola DOP Arzúa-Ulloa elabórase con leite de vaca, natural e enteiro, cru ou pasteurizado, procedente das razas frisona e os seus cruzamentos, rubia galega e pardo-alpina. Os queixos preséntanse en pezas de 0,5 a 3,5 kg e van provistos dunha etiqueta comercial na que figurará de xeito destacado a mención da denominación de orixe, e unha contraetiqueta expedida e controlada polo Consello Regulador.

A DO Arzúa–Ulloa ampara os seguintes tipos de queixos: Arzúa–Ulloa, Arzúa-Ulloa de Granxa e Arzúa-Ulloa Curado. A zona de produción tanto do leite como dos queixos comprende os concellos das comarcas de Arzúa, Melide, A Ulloa e Chantada, máis outros limítrofes de xeito que a area delimitada se sitúa no corazón de Galicia. No ano 2008 a produción de Queixo Arzúa-Ulloa foi de 2.449.952 kg, cun valor económico no mercado estimado de 14.699.712 €.

Redes sociales

Multimedia