Inicio / Noticias / Notas de prensa / Galicia Calidade concede o certificado da marca de garantía á Adega Gargalo
09/06/2008.

Galicia Calidade concede o certificado da marca de garantía á Adega Gargalo

O director xeral de I+D+i, Salustiano Mato, o director xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, Xosé Carballido, o delegado provincial en Ourense da Consellería de Innovación e Industria, Xosé Antón Jardón , e o xerente de Galicia Calidade, Xabier Ignacio Louzao fixeron entrega deste distintivo

O director xeral de I+D+i, Salustiano Mato, fixo entrega hoxe do certificado de marca de garantía de Galicia Calidade á adega Gargalo, propiedade do deseñador galego Roberto Verino. No acto tamén estiveron presentes o director xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, Xosé Carballido, o delegado provincial en Ourense da Consellería de Innovación e Industria, Xosé Antón Jardón, e o xerente de Galicia Calidade, Xabier Ignacio Louzao.

O director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación felicitou a Terra do Gargalo por acadar o Certificado Galicia Calidade e destacou a importancia de que o sector agroalimentario traballe a prol da calidade dos produtos galegos tendo como ferramentas fundamentais a investigación e a innovación.??Na actualidade, Galicia Calidade conta xa con tres Adegas que teñen os seus viños adheridos: dúas da D.O. Rías Baixas, como son Adega dos Eidos e Vilarvín, e Terra do Gargalo, da D.O. Monterrei, que agora recibe o distintivo. Outras moitas adegas, das outras Denominacións de Orixe, teñen feita xa a solicitude de entrada en Galicia Calidade.

A Consellaría de Innovación e Industria, a través de Galicia Calidade, aposta polo agricultura galega, como un dos sectores produtivos máis importantes e que xera un gran número de postos de traballo. Neste senso, o sector do viño, que supón case o 10 por cento da produción da rama agraria, e cunha produción no 2007 de 45,1 millóns de kilos de uva, representa un dos obxectivos claros desta sociedade pública,en aras dunha reestruturación e reconversión dos viñedos, así como a recuperación de superficies abandonadas. A entrega do certificado a Terra do Gargalo é, pois, un feito importante para Galicia Calidade.??Gargalo, unha adega de calidade?Terra do Gargalo naceu no ano 1998 ao amparo da Denominación de Orixe Monterrei.

Os viños e licores Terra do Gargalo distribúense por toda a xeografía estatal ademais de contar cunha ampla presenza dentro da Unión Europea e países do norte e centro de América. Cunha produción máxima de 250.000 botellas anuais, Gargalo asegúrase unha alta calidade dos seus produtos, esixida polo seu fundador, Roberto Verino, en todos os seus proxectos. Gargalo S.L comercializa os seus viños a través de dúas marcas: “Terra do Gargalo” e “Terras Rubias”, que aglutinan un total de seis caldos, tres brancos e tres tintos, todos coa licenza de uso da marca de garantía Galicia Calidade, que hoxe se fixo entrega.

Redes sociales

Multimedia