Inicio / Noticias / Notas de prensa / Galicia Calidade concede o certificado da marca de garantía á Casa de Cacheiro
27/12/2007.

Galicia Calidade concede o certificado da marca de garantía á Casa de Cacheiro

O director xerente Ignacio Louzao, a delegada provincial da Consellería de Innovación e Industria, María Monserrat Prado, e o xerente de Turgalicia, Xesús Pereira, fixeron entrega deste distintivo

O director xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao, xunto coa delegada provincial en Pontevedra da Consellería de Innovación e Industria, María Monserrat Prado, e o xerente de Turgalicia, Xesús Pereira, fixeron entrega hoxe do certificado da marca de garantía de Galicia Calidade aos propietarios de Casa de Cacheiro, establecemento de turismo rural situado na localidade de Santa Cristina, no concello pontevedrés de Silleda. No acto procedeuse tamén á sinatura do contrato de licenza de uso da marca.

Na actualidade, son xa catro os establecementos que prestan servizos de hospedaría licenciatarios da marca de garantía de Galicia Calidade, dous do ámbito do turismo rural, como son a propia Casa de Cacheiro e o Muíño da Pena, e os hoteis Hotel Augusta Spa Resort **** Superior, e o Hotel Louxo.

Segundo sinalou o director xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao, o ámbito dos servizos de hospedaría é un dos sectores recollidos no Plan Estratéxico nos que Galicia Calidade ten unha presenza importante. Na actualidade, destacou, estanse a redefinir os criterios para que este tipo de establecementos podan ser licenciatarios da marca de garantía. No caso de Casa de Cacheiro, os requisito para ser licenciataria baseábanse na posesión da marca Q de Calidade Turística, que outorga o Instituto para la Calidad Turística Española.

Ignacio Louzao afirmou que Galicia Calidade é consciente de que existen en Galicia un número de establecementos que representan un activo económico importante para o medio rural e que dispoñen dunha calidade contrastada como para ser merecedores deste distintivo. Neste senso, engadiu, o desenvolvemento dos servizos de hospedaría vai a repercutir nunha maior dinamización e posta en valor do rural que posibiliten o freo á despoboación do mesmo e que melloren as condicións de vida dos seus habitantes.


Numerosos galardóns para Casa de Cacheiro
Casa de Cacheiro está situada nun enclave natural envexable, conta con sete habitacións dobres, dous amplos salóns con mobles antigos, zonas comúns, amplos xardíns con árbores centenario e autóctonos, o que a converten nun referente vacacional.

Ao longo dos últimos anos, dende a súa apertura, acadou numerosos premios entre os que destacan o PREMIO NACIONAL POUSADA DE OURO 2002 E VIPS RADIO TURISMO 2003, recibidos en Madrid, ademais do Selo de PRESTIXIO COMPROMISO CA CALIDADE TURÍSTICA outorgado polo Padroado de Turismo Rias Baixas e a Q de Calidade Turística Este establecemento é elixido polos mais exquisitos á hora de buscar un lugar de calidade nunha zona moi demandada. Cun entorno natural exquisito, esta casa rodease de ríos, mosteiros, torres, montañas, fervenzas, praias fluviais , inmensas zonas verdes, actividades para poder gozar da natureza, romarías e variada gastronomía , ademais de paz e tranquilidade.

Redes sociales

Multimedia