Inicio / Noticias / Notas de prensa / Galicia Calidade estará presente na décima edición de Termatalia, a feira do turismo termal e o termalismo
14/10/2010.

Galicia Calidade estará presente na décima edición de Termatalia, a feira do turismo termal e o termalismo

Cabreiroá, Mondariz,Fuente del Val e Hotel Louxo La Toja contarán cun espazo propio na feira, que terá lugar entre o 15 e o 17 de outubro en Expourense

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, estará presente como colaborador na X edición de Termatalia, a Feira do Turismo Termal, Termalismo, Talasoterapia e Spa. A marca de garantía da conta así do seu apoio ao sector termal, que conta con varios produtos e servizos amparados. O evento terá lugar entre o 15 e o 17 de outubro en Expourense, na cidade das Burgas.

Termatalia naceu co propósito de valorar e conservar os recursos hídricos, potenciar a auga termal como base para construír unha oferta turística de calidade e difundir as propiedades para a saúde dos distintos tipos de auga. Este labor non pasou desapercibido para Galicia Calidade que este ano se suma como colaborador da feira patrocinando aquelas actividades destinadas a promover o consumo da auga como o caso do Bar, onde os asistentes poderán degustar os produtos das tres marcas amparadas pola marca de garantía, Cabreiroá, Mondariz e Fuente del Val.

Nesta liña de promover a Cultura da Auga, Galicia Calidade colaborará noutras actividades vencelladas con este elemento como Curso de Hidrosumiller que celebra unha nova edición e que estará impartido pola Associazione Demostratori Acqua Minerali (A.D.A.M.) de Italia. Celebrarase o sábado 16 de outubro pola tarde e está orientado aos profesionais da hostalería para que poidan crear ou ampliar a súa carta de augas coñezan que tipo marida mellor con cada prato.

Tamén se impartirán obradoiros sobre a “Cociña da Auga” e “Coctelería con Auga” no que unha escola de hostalería elaborará en directo pratos e cócteles utilizando distintos tipos de augas. Galicia Calidade aproveitará a súa presenza en Termatalia para presentar, dentro do programa de actividades previsto para a feira, esta marca de garantía ante profesionais do sector termal procedentes de 25 países demostrándolles cómo as as empresas galegas asociadas a esta marca crean produtos e servizos altamente competitivos, co obxectivo da mellora continua, diferenciándose da competencia co valor engadido de contar cun selo que acredita a súa calidade, mellora o prestixio da empresa e outorga confianza ao consumidor.

Termatalia é a única Feira do Turismo Termal da Península Ibérica e tense convertido no referente mundial neste sector, contando coa participación de expositores de catro continentes e establecendo unha conexión entre Europa e América Latina. A este respecto resulta importante destacar que Galicia, a través da Xunta de Galicia, está a apostar por un modelo turístico baseado na diferenciación e apostando polo turismo de saúde como un produto estrela.

Redes sociales

Multimedia