Inicio / Noticias / Notas de prensa / Galicia Calidade estará presente no Salón Alimentaria Barcelona 2010
17/03/2010.

Galicia Calidade estará presente no Salón Alimentaria Barcelona 2010

Un total de 21 empresas que contan con produtos amparados pola marca de garantía disporán do seu espazo no evento

Galicia Calidade estará unha edición máis presente no Salón Internacional das Bebidas e Alimentación Alimentaria 2010, que terá lugar entre o 22 e o 26 de marzo na cidade catalana. En total, serán 21 empresas as que estarán presentes nos case 90 metros cadrados de stand que a marca de garantía pon á disposición das mesmas.

En case 95.000 metros cadrados de superficie, Alimentaria mostrará as últimas novidades da industria alimentaria a nivel mundial con arredor de 5.000 empresas participantes. Alimentaria volverá a ser unha excelente oportunidade para establecer novos contactos, porse ao día sobre as últimas tendencias do mercado, detectar oportunidades de negocio ou mesmo visitar clientes. Segundo datos da propia organización da feira, máis do 85% dos visitantes da pasada edición mostráronse satisfeitos polo evento no seu conxunto e pensan repetir a súa visita nas vindeiras convocatorias.

Actos promocionais
Galicia Calidade contará cun stand modular de case 90 metros cadrados no pavillón 2, que corresponde ao Salón das Autonomías. As empresas que contan con produtos adheridos disporán no mesmo de espazos para realizar as súas reunións, degustacións, ou outro tipo de actos promocionais. Neste senso, a empresa Jealsa Rianxeira realizará unha degustación dos seus produtos no propio stand de Galicia Calidade o mércores 24.

As empresas que asisten a Alimentaria Barcelona son: Adega Dos Eidos, Aguas De Cabreiroá, Aguas De Mondariz e Fuente Del Val, Avícola De Galicia, Bodegas Ruchel, Customdrinks, Feiraco Lácteos, Gallego Pereira Frigoríficos, Gargalo, Hijos De Rivera, Hornos Sanfiz, Hotel Louxo, Ingapan, Jealsa-Rianxeira, Leche De Galicia, Luis Escuris Batalla, Queixería Cas Leiras, Queserias Castillo De Pambre, Torre De Núñez De Conturiz, Transportes Auto-Radio, e Vilarvín.

Esta actividade enmárcase dentro da filosofía de Galicia Calidade, de promocionar a súa marca así como as empresas que contan con produtos adheridos en todo o Estado así como a nivel internacional. Eventos como o de Alimentaria, que conta con milleiros de visitantes durante a feira, son o lugar idóneo para dotar aos produtos amparados pola marca de garantía pública galega dun valor engadido.

Redes sociales

Multimedia