Inicio / Noticias / Notas de prensa / Galicia Calidade estará presente no V Salón de Denominacións de Orixe e delicatessen
21/10/2008.

Galicia Calidade estará presente no V Salón de Denominacións de Orixe e delicatessen

No espazo de Galicia Calidade estarán expostos produtos de todas as empresas que contan co distintivo

Galicia Calidade estará presente no V Salón de Denominacións de Orixe e Delicatessen que se celebra en Vigo desde hoxe e até o vindeiro xoves no recinto feiral IFEVI de Vigo. A marca de garantía contará cun stand de 70 metros cadrados onde estarán expostos produtos de todas as empresas galegas que contan con este distintivo. Trala inauguración que terá lugar hoxe Galicia Calidade ofrecerá aos asistentes unha degustación de produtos que contan selo de Galicia Calidade.

Con esta acción Galicia Calidade continúa coa súa labor de promoción da marca e como unha fórmula para dar a coñecer as empresas que teñen o distintivo de calidade. Ao longo do 2008 a sociedade dependente da Consellería de Innovación e Industria participou xa en Alimentaria 08, celebrada no mes de marzo en Barcelona; na Feira Internacional da Pedra, en Madrid; en Expolugo celebrada recentemente en Lugo; e agora no V Salón de Denominacións de Orixe e Delicatessen.

Para Galicia Calidade os produtos amparados por unha Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida teñen unha importancia real pois trátanse dos sectores produtivos do país e que gozan dunha calidade comprobada. Desde o ano 2005, tralo cambio do Regulamento de Uso que permitía a entrada deste produtos amparados por D.O. ou I.X.P. produciuse un aumento dos produtos amparados. Na actualidade máis de vinte produtos pertencen a algún Consello Regulador.

Redes sociales

Multimedia