Inicio / Noticias / Notas de prensa / Galicia Calidade patrocina o congreso da sociedade española de directivos de atención primaria
08/11/2010.

Galicia Calidade patrocina o congreso da sociedade española de directivos de atención primaria

Os asistentes puideron disfrutar como agasallo dunha selección dos mellores productos amparados por Galicia Calidade

Unha vez máis Galicia Calidade quixo promocionar os productos amparados pola marca de garantía e aproveitou a celebración do XIII Congreso da Sociedade Española de Directivos de Atención Primaria que se celebrou do 3 ao 5 de novembro na Coruña. O evento, que reuniu a máis de 300 directivos, serviu para que cada un dos asistentes fora agasallado cunha selección dos mellores productos que contan co distintivo da marca de garantía.

Estas accións serven para promocionar a marca de garantía nos mercados nacionais pois ata o congreso chegaron persoas de todos os puntos de España e que, de seguro, quedaron gratamente sorprendidos pola calidade dos productos e que probablemente queiran degustar en futuras ocasións.

Redes sociales

Multimedia