Inicio / Noticias / Notas de prensa / Galicia Calidade promociona os produtos galegos no festival de cine de San Sebastián
23/09/2008.

Galicia Calidade promociona os produtos galegos no festival de cine de San Sebastián

O ente público adscrito á Consellería de Innovación e Industria realizará unha degustación de produtos adheridos á marca de garantía durante o acto de celebración polo premio outorgado ao filme galego Pradolongo

Galicia Calidade continúa coa promoción pública dos produtos adheridos á marca de garantía. Nesta liña de actuación, o ente público adherido á Consellaría de Innovación e Industria realizará mañá unha degustación de produtos no Festival de Cine de San Sebastián, que se está a celebrar esta semana en Donosti. O xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao, asistirá mañá á entrega do Premio Cidade de San Sebastián á película galega Pradolongo e á súa proxección oficial no evento. A continuación, o emblemático hotel donostiarra María Cristina acollerá a degustación de produtos adheridos á Galicia Calidade durante a celebración do premio anteriormente citado.

Galicia Calidade sabe da importancia que ten para os produtos adheridos á nosa marca de garantía a proxección dentro de Galiza pero tamén fóra dela. Froito desta importancia o ente público levará os mellores produtos galegos até o Festival de San Sebastián, un evento cinematográfico de recoñecido prestixio tanto dentro como fóra do Estado español, e que serve excepcionalmente aos obxectivos de promoción das empresas que teñen os seus produtos amparados pola marca de garantía.

Redes sociales

Multimedia