Inicio / Noticias / Notas de prensa / Gómez Noya convértese no segundo mellor triatleta da historia
14/07/2008.

Gómez Noya convértese no segundo mellor triatleta da historia

O deportista galego, que conta co apoio de Galicia Calidade, acadou a súa vitoria número 11 na Copa do Mundo e afianza a súa posición como máximo favorito para o ouro en Pekín

Xavier Gómez Noya continúa dando alegrías ao deporte galego. No día de onte, o atleta ferrolán conquistou a 11ª proba da Copa do Mundo, o que o sitúa como o segundo triatleta da historia con máis vitorias nesta proba. Co triunfo conquistado en Hungría o galego suma xa o podio 17º consecutivo o que da conta da súa gran superioridade nunha disciplina tan esixente como o tríatlon.
Desde que fai máis dun ano, Gómez Noya acadara o terceiro posto na proba de Des Moines non se baixa do primeiro caixón o que o sitúa ao borde de acadar o seu terceiro título consecutivo na competición máis importante do tríatlon mundial. A vitoria acadada onte ten ademais un valor engadido polo feito de que a temperatura ambiente era de 37 grados, unhas condicións moi parecidas ás que vivirá nos Xogos Olímpicos de Pekín.
O deportista galego, apoiado por Galicia Calidade, presentarase nas olimpiadas cos deberes feitos ao longo de todo o ano, con sete vitorias consecutivas na Copa do Mundo, e coa mirada posta na medalla de ouro que de conseguila o situaría como o mellor triatleta de todos os tempos e que poñería a Galiza como referente mundial neste deporte.

Redes sociales

Multimedia