Inicio / Noticias / Notas de prensa / Mesa - coloquio Turismo Rural e gastronomía con Denominación de Orixe
16/10/2007.

Mesa - coloquio Turismo Rural e gastronomía con Denominación de Orixe

O Xerente de Galicia Calidade, S.A., D. IGNACIO LOUZAO, participará o día 17 de outubro ás 13,00 no Instituto Feiral de Vigo na MESA - COLOQUIO "TURISMO RURAL E GASTRONOMÍA CON DENOMINACIÓN DE ORIXE"  

Con este acto, FEGATUR pretende abrir un coloquio sobre a importancia das denominacións de orixe e a utilización dos produtos galegos no turismo rural como elementos para reforzar unha oferta turística con elevado atractivo. Os poñentes participantes son:

-Xabier Ignacio Louzao, Director de Galicia Calidade,

-Waldo Carreras, Xefe da Area Agroalimentaria da Consellería de Medio Rural,

-Teresa Lindoso, Reitoral de Castillón, membro de FEGATUR, e

-Luis Cohen, Asociación de Centros Comarcais


Esta Mesa-Coloquio terá lugar con ocasión da celebración do IV Salón de Denominacións de Orixe e Delicatessen, os próximos días 15, 16 e 17 de outubro, no citado Instituto Feiral de Vigo, sito na Avda. do Aeroporto, 772, Cotogrande, 36318, Vigo (telf.- 986 486 144).

Redes sociales

Multimedia