Inicio / Noticias / Notas de prensa / Nove empresas asociadas a Galicia Calidade dan a coñecer os seus produtos no fórum gastronómico de Girona
28/02/2011.

Nove empresas asociadas a Galicia Calidade dan a coñecer os seus produtos no fórum gastronómico de Girona

A feira contou con gran afluencia de público ao longo dos catro días

Un total de nove empresas asociadas a Galicia Calidade participaron do 20 ao 23 de febreiro nunha nova edición do Fórum Gastronómico de Girona, un dos eventos máis importantes do ámbito alimentario de España e que se ten convertido nos últimos anos nun referente tamén a nivel internacional. Galicia contou cun stand en representación da Comunidade Autónoma galega na que estarán presentes a Consellería de Economía e Industria, a través da marca de garantía Galicia Calidade, a Consellería de Medio Rural e a Consellería de Pesca.

O Fórum Gastronómico celébrase anualmente alternando Girona con Santiago de Compostela. Nesta edición, recentemente acabada, a feira mostrou a gran aceptación que ten no sector profesional da hostalería e da alimentación cun cheo absoluto ao longo dos catro días. Ademais de ser un punto de encontro dos profesionais da gastronomía, o Fórum é unha plataforma de promoción, formación e un espazo de negocio e de intercambio de produtos e ideas para as empresas.

As nove empresas asociadas á marca como son: Luís Escurís Batalla, Gargalo, Coreti, Valtea, Ruchel, Ingapán Puerto Celeiro, Cabreiroá e Castro Baroña. Ao longo deste evento, as empresas galegas mostraron ao mundo a bondade dos seus produtos e poder continuar coa súa internacionalización e posicionamento nos mercados nacionais e internacionais.

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, está traballando día a día para colaborar coas empresas galegas na mellora da distribución dos seus produtos polo que eventos coma este posibilitan que empresas da nosa comunidade autónoma, neste caso as que contan con produtos amparados polo selo galego, podan chegar aos milleiros de visitantes e profesionais da gastronomía que se achegaron aos máis de 12.000 metros de exposición.

Redes sociales

Multimedia