Inicio / Noticias / Notas de prensa / O Gres porcelánico esmaltado da empresa Materiales Cerámicos, S.A., incorporouse a Galicia Calidade
11/10/2006.

O Gres porcelánico esmaltado da empresa Materiales Cerámicos, S.A., incorporouse a Galicia Calidade

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2.006.- O Consello de Administración da Sociedade Galicia Calidade, aproba a incorporación da empresa Materiais Cerámicos, S.A. para o seu produto "Gres Esmaltado Porcelánico" comercializado coas marcas "Gres Burela e Gres Galicia".

O gres porcelánico esmaltado é o primeiro produto destas características amparado en Galicia por unha marca de garantía.

A fábrica de Materiales Cerámicos, S.A. está situada en Burela (Lugo). A orixe da factoría data do 1902, coa produción de refractarios, aproveitando as excepcionais calidades das materias primas da zona..

O gres fabricado nesta planta, foi pioneiro no 1970 no proceso de monococción. A súa composición é basicamente arxila e feldespato, fabricándose en distintas cores segundo o deseño requirido.

A empresa ten establecido un control de proceso e produto, incluíndo ensaios realizados en laboratorios acreditados; así mesmo está a implantar un sistema de calidade baseado na norma UNE-EN ISO 9001.

Redes sociales

Multimedia