Inicio / Noticias / Notas de prensa / O triatleta Francisco Xavier Gómez Noya promocionará a marca Galicia Calidade
08/05/2007.

O triatleta Francisco Xavier Gómez Noya promocionará a marca Galicia Calidade

Fernando Blanco asinou esta mañá o contrato de publicidade co deportista galego cunha duración dun ano e unha dotación económica de 25.000 euros

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2007. O conselleiro de Innovación e Industria e presidente do consello de administración de Galicia Calidade S.A., Fernando Blanco, e o deportista Francisco Xavier Gómez Noya asinaron esta mañá o contrato de publicidade da marca Galicia Calidade co triatleta galego. No acto tamén participou o director xerente de Galicia Calidade S.A., Ignacio Louzao.

En virtude do contrato asinado hoxe, que terá unha vixencia dun ano, Gómez Noya difundirá a marca de garantía galega nas distintas competicións nas que participe e que abranguen a Competición Federada Galega, a Estatal e a Internacional. Así mesmo, a imaxe de Galicia Calidade terá presenza nas equipacións do deportista e nos lugares onde se desenvolven habitualmente as súas actividades deportivas.

De igual xeito, o triatleta participará nos eventos que a sociedade xestora da marca de garantía desenvolva, sempre que non supoña unha interferencia no seu calendario de competicións. En contraprestación, Galicia Calidade achegará 25.000 euros ao deportista galego, gañador da Copa do Mundo de Tríatlon.

No acto de sinatura deste convenio, o conselleiro de Innovación e Industria considerou a figura do triatleta como unha "excelente marca" para difundir o nome de Galiza en todo o mundo e destacou que contar cun deportista da talla de Gómez Noya "é beneficioso no só para Galicia Calidade, tamén para todos os galegos e galegas".

Redes sociales

Multimedia