Inicio / Noticias / Notas de prensa / O Xacobeo Galicia consegue a súa primeira etapa da Volta Ciclista a España 08
16/09/2008.

O Xacobeo Galicia consegue a súa primeira etapa da Volta Ciclista a España 08

O ciclista galego David García logrou a vitoria logo dunha escapada de máis de 100 kilómetros

O ciclismo galego volveu ser noticia por segundo día consecutivo na Volta Ciclista a España. O ciclista de Marín David García alzábase coa vitoria na 15ª etapa entre Cudillero e Ponferrada. A este logro hai que sumarlle a excepcional etapa que realizara un día antes o líder do Xacobeo Galicia, Ezequiel Mosquera, na subida a San Isidro.
David García conseguira este ano o triunfo na Volta a Turquía, dando o primeiro éxito nunha proba por etapas ao equipo profesional galego. Agora deulle tamén o primeiro triunfo coa nova denominación Xacobeo Galicia. Esta vitoria de etapa na Volta a España chega dezanove anos despois da lograda por Álvaro Pino nos Lagos de Enol.
A etapa décimo sexta que se disputa hoxe, entre Ponferrada e Zamora, de 186,3 quilómetros, será a que a organización da Volta dedica ao equipo Xacobeo Galicia, equipo que conta coa colaboración de Galicia Calidade.

Redes sociales

Multimedia