Inicio / Noticias / Notas de prensa / O xerente de Galicia Calidade participa no III encontro Ibérico sobre dieta e saúde
05/03/2008.

O xerente de Galicia Calidade participa no III encontro Ibérico sobre dieta e saúde

Este simposio enmárcase dentro da 9ª edición de Xantar "Salón Galego de Gastronomía e Turismo" celebrado do 5 ao 9 de marzo en Ourense

O xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao, participou hoxe na mesa redonda "Produtos selectos de Galicia, embaixadores turísticos" incluído no III Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde.


Ignacio Louzao explicou aos asistentes a política de Galicia Calidade así como os requisitos para outorgar a licencia de uso da marca. Ao longo da súa intervención tamén fixo un repaso pola historia de Galicia Calidade desde a súa creación no ano 1991.


Este simposio desenvolveuse dentro da 9º edición de Xantar "Salón Galego de Gastronomía e Turismo", que se celebra do 5 ao 9 de marzo en Ourense.
Na mesa redonda, o xerente de Galicia Calidade estivo acompañado de María Castro, membro do Grupo Cuevas, empresa galega encargada da fabricación e comercialización do Marrón Glazé.

Redes sociales

Multimedia