Inicio / Noticias / Notas de prensa / O xerente de Galicia Calidade presenta a marca de garantía aos asistentes a Vinisterrae
09/06/2010.

O xerente de Galicia Calidade presenta a marca de garantía aos asistentes a Vinisterrae

O evento pechou onte as súas portas con gran afluencia de profesionais e prensa especializada

O xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila, presentou onte durante o Salón de Viños e Licores de Ourense, Vinisterrae, a marca de garantía. No acto, que contou coa asistencia de numeroso público, recalcou o apoio da Xunta de Galicia, a través do selo, ao sector vitivinícola galego. Neste momento, sinalou, contamos con catro adegas que teñen algún dos seus viños adehridos: Vilarvín, Gargalo, Adega dos Eidos e Ruchel.

Vila fixo un repaso pola historia da marca de garantía, dende o seu nacemento no ano 1995 tras unha campaña exitosa da Xunta de Galicia a través dun spot moi recordado pola sociedade até a actualidade onde nun futuro a curto prazo conta con novos obxectivos. A ese respecto, Galicia Calidade pretende contar cos mellores produtos galegos. A día de hoxe hai moitas empresas de referencia en Galicia que contan con algún produto adherido pero é preciso seguir por este camiño e atraer a moitas das que non están.

O xerente de Galicia Calidade destacou que a marca de garantía aporta ao consumidor a garantía de que está a consumir un producto galego e feito seguindo uns estándares mínimos de calidade e a confianza que lle transfire o feito de ter un aval da Xunta de Galicia, a través da marca de garantía pública.

Redes sociales

Multimedia