Inicio / Noticias / Notas de prensa / O xerente de Galicia Calidade, S.A., Ignacio Louzao, recibe mañá en Salimat a conselleiros de distintas embaixadas.
13/06/2007.

O xerente de Galicia Calidade, S.A., Ignacio Louzao, recibe mañá en Salimat a conselleiros de distintas embaixadas.

O Xerente de Galicia Calidade, S.A., D. IGNACIO LOUZAO, manterá mañá xoves 14 de xuño ás 12,00 horas, un encontro cos conselleiros agrícolas e comerciais pertencentes a distintas Embaixadas, no stand que Galicia Calidade ten en Salimat. O devandito encontro realizase coa intención de dar a coñecer algunhas industrias e explotación que son punteiras en Galiza.

Esta xuntanza foi organizada e xestionada pola Embaixada de Alemaña na súa calidade de país presidente da Unión Europea e contará, ademais de coa primeira secretaria desta sede diplomática (Annete Rexroth), coa presenza dos conselleiros de Holanda (Carlos Heringa), Hungría (Tamas Sentmary), Rusia (Sergey Udovichenko), Marrocos (Yassin Khatib), Bulgaria (Ivayla Moykinska) e Irlanda (Colm O’Cribin); sendo posible que tamén acudan representantes de Brasil, Reino Unido, Uruguay, Arxentina e Portugal.

Redes sociales

Multimedia