Inicio / Noticias / Notas de prensa / Os queixos da empresa queixería Cas Leiras, S.L. amparados pola Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa e comercializados coa marca Cas Leiras, incorpóranse a Galicia Calidade
19/06/2007.

Os queixos da empresa queixería Cas Leiras, S.L. amparados pola Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa e comercializados coa marca Cas Leiras, incorpóranse a Galicia Calidade

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2.007.- Galicia Calidade S.A. vén de aprobar a incorporación da empresa Queixería Xas Leiras, S.L. a esta marca de garantía para os Queixos amparados pola Denominación de Orixe Protexida "San Simón da Costa" comercializados baixo a marca "Cas Leiras".

O delegado provincial da Consellaría de Innovación e Industria, Ramón Jesús Cortés Mañez, xunto co xerente de Galicia Calidade S.A., Ignacio Louzao, farán entrega do certificado da marca de garantía á empresa nas instalacións desta (Oleiros – Cabanas VILALBA), mañá mércores 20 de xuño, ás 12,00 h. No acto procederase tamén á sinatura do contrato de licenza de uso da marca por parte da empresa.

A compañía Queixería Cas Leiras, S.L. conta cunha planta de produción de recente creación. As instalacións, maquinaria, e almacéns son axeitados para a produción de queixos de calidade, en condicións hixiénicas. Conta con persoal capacitado para o seu control, e subcontrata á Aula de Produtos Lácteos, controis analíticos e microbiolóxicos, adicionais dos realizados polos respectivos Consellos Reguladores.

Teñen implantado un sistema APPCC de Análise de Perigos e Puntos de Control Críticos, dispoñen dun pequeno laboratorio para o control do leite na recepción e produción.

Redes sociales

Multimedia