Inicio / Noticias / Notas de prensa / OS VIÑOS 'Eidos' e 'Veigas de Padriñán' DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS da empresa Adega dos Eidos, S.L., incorpóranse a Galicia Calidade
27/03/2007.

OS VIÑOS 'Eidos' e 'Veigas de Padriñán' DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS da empresa Adega dos Eidos, S.L., incorpóranse a Galicia Calidade

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2.007.- Galicia Calidade S.A. vén de aprobar a incorporación da empresa Adega dos Eidos, S.L. a esta marca de garantía para os viños amparados pola denominación de orixe Rías Baixas comercializados baixo as marcas "Eidos" e "Veigas de Padriñán".

A delegada provincial da Consellaría de Innovación e Industria, Montserrat Prado, xunto co xerente de Galicia Calidade S.A., Ignacio Louzao, farán entrega do certificado da marca de garantía á empresa nas instalacións desta (Padriñán, 65) mañá mércores 28 de marzo, ás 17,00h. No acto procederase tamén á sinatura do contrato de licenza de uso da marca por parte da adega.

A compañía Adega dos Eidos, S.L. conta cunha adega dedicada á elaboración de viños brancos da variedade albariña amparados baixo a Denominación de Orixe Rias Baixas, subzona do Salnés. Estas instalacións, de recente construción e situadas en Padriñán (Sanxenxo), contan cunha capacidade máxima de produción de 2.000 hl. e dispoñen de equipos axeitados para a vinificación de viños de calidade.

Os viños son o primeiro produto destas características amparado en Galicia por unha marca de garantía.

Redes sociales

Multimedia