Inicio / Certificacións de orixe

Agricultura Ecolóxica de Galicia

A agricultura ecol√≥xica √© un sistema de produci√≥n de alimentos baseado no respecto do medio, do benestar animal e do mantemento e mellora da fertilidade do solo. Nela empr√©ganse pr√°cticas agr√≠colas que evitan ou excl√ļen a case totalidade de produtos qu√≠micos de s√≠ntese, como fertilizantes, produtos fitosanitarios, etc.

Para manter a produción, recórrese a outras técnicas como a rotación e a asociación de cultivos, a utilización de abonos verdes, o control biolóxico de pragas e o aumento da biodiversidade mediante o establecemento de sebes e o mantemento da vexetación dentro das parcelas.

Esta denominación ampara a totalidade da produción primaria, así como a elaboración e a transformación dos alimentos, polo que as presentacións posibles son todas as que habitualmente se dan para calquera produto alimentario.

O Consello Regulador da Agricultura Ecol√≥xica de Galicia (Craega) exerce o control en todo o territorio da Comunidade Aut√≥noma de Galicia. Esta denominaci√≥n protexe todas as produci√≥ns agr√≠colas vexetais e animais non transformadas, os produtos agr√≠colas vexetais e animais transformados destinados √° alimentaci√≥n humana e os alimentos, pensos compostos e materias primas para a alimentaci√≥n animal.

Os produtos procedentes da agricultura ecol√≥xica pos√ļen a m√°xima calidade nutritiva, sanitaria e organol√©ptica, ademais de manteren as s√ļas propiedades alimenticias e de madurez durante m√°is tempo.

Datos técnicos (2014)
  • Produtores: 525
  • Elaboradores: 108
  • Superficie inscrita: 15.670 hect√°reas
  • Valor econ√≥mico: 31,22 mill√≥ns de euros

Redes sociais

Multimedia