Inicio / Certificacións de orixe

Arz√ļa-Ulloa

O queixo amparado pola Denominaci√≥n de Orixe Protexida Arz√ļa-Ulloa elab√≥rase con leite de vaca, natural e enteiro, cru ou pasteurizado, procedente das razas rubia galega, frisona, pardo-alpina e dos seus cruzamentos.

Os queixos pres√©ntanse en pezas de 0,5 a 3,5 kg. A zona de produci√≥n, tanto do leite como dos queixos, abrangue os concellos das comarcas de Arz√ļa, Melide, A Ulloa e Chantada, ademais doutros lim√≠trofes, polo que a √°rea delimitada se sit√ļa no coraz√≥n de Galicia.

Características

A DOP Arz√ļa-Ulloa ampara os seguintes tipos de queixos:

  • Arz√ļa‚ÄďUlloa: √Č un queixo de pasta branda, elaborado con leite cru ou pasteurizado, cunha maduraci√≥n m√≠nima de seis d√≠as, de forma lenticular ou cil√≠ndrica e cos bordos redondeados. A s√ļa codia, fina e el√°stica, √© dun ton amarelo entre medio e escuro, brillante, limpa e lisa. A pasta √© de cor uniforme, entre branca marfil e amarela p√°lida, de aspecto brillante, sen gretas e con poucos ollos, que adoitan ser pequenos, angulosos ou redondeados e de distribuci√≥n irregular. O seu di√°metro estar√° comprendido entre 120 e 260 mm e a s√ļa altura entre 50 e 120 mm, pero esta √ļltima nunca poder√° superar a do radio.
  • Arz√ļa-Ulloa de Granxa: Elaborado con leite cru ou pasteurizado, coa particularidade de que este procede na s√ļa totalidade de vacas da propia explotaci√≥n. As caracter√≠sticas sensoriais destes queixos son o aroma a leite fresco e a iogur, que deixa paso a un aroma a manteiga conforme van madurando, xunto con matices de vainilla, nata e noces. O sabor √© lixeiramente salgado, cun caracter√≠stico punto de acedume.
  • Arz√ļa-Ulloa Curado: Est√° elaborado con leite de vaca, cru ou pasteurizado, e ten un per√≠odo de maduraci√≥n m√≠nimo de seis meses. A s√ļa forma tam√©n √© lenticular ou cil√≠ndrica e a cara horizontal superior pode ser lixeiramente c√≥ncava. Presenta unha codia non diferenciada de cor amarela moi intensa, brillante e de aspecto graxo. O seu peso oscila entre 0,5 e 2,0 kg. O seu di√°metro est√° comprendido entre 120 e 200 mm e a s√ļa altura entre 30 e 100 mm. O queixo Arz√ļa-Ulloa Curado caracter√≠zase pola s√ļa dureza, o que fai que sexa dif√≠cil de cortar, e p√≥dese fracturar en lascas, principalmente nos bordos. O seu aroma √© moi intenso, de tipo l√°cteo moi evolucionado, cunha sensaci√≥n olorosa penetrante e con certo picante. O seu sabor √© algo m√°is salgado, con menor acedume e aromas predominantemente a manteiga con lixeiras notas de vainilla e froitos secos.
Datos técnicos (2014)
  • Gandeiros: 1.222
  • Queixer√≠as: 21
  • Produci√≥n: 3.209 toneladas
  • Valor econ√≥mico estimado: 19,4 mill√≥ns de euros

Redes sociais

Multimedia