Inicio / Certificacións de orixe

Augardente de Galicia

A Indicación Xeográfica Augardente de Galicia ampara a augardente elaborada a partir de bagazos de viño recollidos nos viñedos situados no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os produtos amparados por este selo son as augardentes de bagazo, comercializadas no ano da súa obtención ou despois dun período de repouso; e as augardentes de bagazo envellecidas,que deberán permanecer en envases de madeira durante un período mínimo dun ano.

A produción, a destilación do bagazo e o envellecemento das augardentes resultantes deberanse realizar no territorio da comunidade galega, polo que se establecen nove subzonas tradicionalmente produtoras con peculiaridades propias: Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Monterrei, Val do Miño-Ourense, Betanzos, Ribeira do Ulla e Portomarín.

Características

As augardentes da Indicación Xeográfica Augardente de Galicia deberán posuír un aroma e un sabor intenso, fino e delicado, sen elementos estraños. As que procedan de bagazo, serán incoloras e de aspecto transparente e limpo. As envellecidas terán un aspecto ambarino-tostado. A súa graduación alcohólica oscilará entre o 37,5% e o 50% vol.

Datos técnicos (2014)
  • Produción: 51.686 litros
  • Valor económico: 620.232 euros

Redes sociais

Multimedia