Inicio / Certificacións de orixe

Augardente de Herbas de Galicia

A Indicación Xeográfica Augardente de Herbas de Galicia protexe esta bebida espirituosa tradicionalelaborada a partir das augardentes amparadas pola Indicación Xeográfica Augardente de Galicia, mediante a maceración e a destilación do alcohol mesturado coas herbas que a caracterizan.

Tanto a elaboración como o embotellamento das augardentes de herbas deberán ser realizados no territorio da comunidade galega.

Características

A Augardente de Herbas de Galicia deberá ter uncontido de azucres inferior a 100 gramos por litro. A súa graduación alcohólica oscilará entre o 37,5% e o 50% vol.

Na elaboración da augardente de herbas é obrigatorio empregar un mínimo de tres plantas da seguinte relación:menta, macela, herba luísa, romeu, ourego, tomiño, coandro, azar, fiúncho, regalicia, noz moscada e canela.

Datos técnicos (2014)
  • Produción: 8.988 litros
  • Valor económico:107.856 euros

Redes sociais

Multimedia