Inicio / Certificacións de orixe

Castaña de Galicia

A Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia certifica os froitos obtidos a partir dos cultivos autóctonos galegos do castiñeiro europeo (Castanea sativa, Mill.) destinados ao consumo humano e comercializados en fresco ou conxelados.

As castañas amparadas pola IXP Castaña de Galicia deberanse cultivar e procesar segundo o establecido na súa normativa e no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia,. Dende o punto de vista administrativo, a zona de cultivo e recolección abrangue:

  • A Coruña: Terra de Melide e os municipios de Arzúa e Boimorto.
  • Lugo: toda a provincia, agás os municipios de O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo.
  • Ourense: toda a provincia de Ourense.
  • Pontevedra: as comarcas do Deza e de Tabeirós-Terra de Montes e os municipios de Cotobade, A Lama, Campo Lameiro e Cuntis.

A demarcación da área de produciónresponde a unhas condicións pluviométricas, térmicas, hipsométricase de solos óptimas para o cultivo de castañas de calidade.

Características
  • Pericarpio fino, de cor marrón clara e brillante.
  • Epispermo (membrana) fino que penetra lixeiramente na semente e que se separa sen dificultade ao estonar a castaña.
  • Sabor doce e textura firme non fariñenta.
  • Humidade: despois de ser recollido, o froito terá entre o 50% e o 60% de humidade.
Datos técnicos (2014)
  • Superficie inscrita: 639 hectáreas
  • Produtores: 124
  • Industrias: 16
  • Produción: 134,4 toneladas
  • Valor económico: 249.633 euros

Redes sociais

Multimedia