Inicio / Certificacións de orixe

Faba de Lourenzá

A Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá ampara as fabas secas separadas da vaíñaprocedentes da familia das fabáceas ou das leguminosas, especiePhaseolus vulgaris, L, da variedade local coñecida como Faba Galaica.

Proceden de sementes certificadas, do reemprego controlado da propia explotación ou de sementes procedentes doutras plantacións inscritas nos rexistros do órgano de control. O seu destino é o consumo humano. As fabas deberán estarsas, enteiras, limpas e exentas tanto de defectos externos como de olores ou de sabores estraños.

A área de produción das fabas amparadas pola IXP Faba de Lourenzá é o territorio costeiro da provincia de Lugo, integrado polas comarcas da Mariña Occidental, A Mariña Central e A Mariña Oriental, e que engloba os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. A área de produción coincide coa de envasado.

Características

As fabas amparadas por esta indicación xeográfica presentanforma de ril, longo, semicheo, de cor branca uniforme; tamaño moi grande (80-120 g/100 sementes); humidade entre o 14% e o 17%; escasa proporción de pel, entre o 8 e% o 10%; elevada capacidade de absorción de auga, superior ao 100%, e excepcional comportamento en cocción. Destaca a pastosidade da polpa, exenta de grumos e apenas diferenciada da pel.

Datos técnicos (2014)
  • Produción: 10.677 quilos
  • Produtores: 42
  • Envasadores: 8
  • Superficie de sementeira: 43,5 hectáreas
  • Valor económico: 96.093 euros

Redes sociais

Multimedia