Inicio / Certificacións de orixe

Grelos de Galicia

A Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia ampara a parte vexetativa destinada ao consumo humano procedente dos nabos (Brassica rapa. L. var. Rapa) das variedades correspondentes aos ecotipos de Santiago e Lugo, así como as variedades comerciais coñecidas comoGrelos de Santiago e Globo Branco de Lugo.

Estes produtos comercialízanse en fresco (feixes de 0,5 ou de 1 kg, atados pola metade), conxelados ou en conservas, elaborados ao natural. No caso de seren sometidos a procesos de transformación distintos, poderán informar que están elaborados con produtos amparados pola IXP Grelos de Galicia.

Osgrelos, despois da súa cocción, presentan as seguintes características organolépticas: cor verde intensa, sabor lixeiramente acedo combinado con certo amargor, textura lixeiramente fibrosa e dureza baixadebido ao baixo contido en fibra alimentaria.

A área de produción dos grelos amparados pola IXP abrangue todos os municipios da Comunidade Autónoma de Galicia. A manipulación, transformación e envasado dos grelos deberase realizar na zona de produción delimitada.

Datos técnicos (2013)
  • Superficie inscrita: 118 hectáreas
  • Produtores: 243
  • Envasadores: 10
  • Industrias de procesamento: 4
  • Produción comercializada: 151 toneladas
  • Valor económico estimado: 302.000 euros

Redes sociais

Multimedia