Inicio / Certificacións de orixe

Licor Café de Galicia

A Indicación Xeográfica Licor Café de Galicia protexe a bebida espirituosa tradicional elaborada a partir das augardentes amparadas pola Indicación Xeográfica Augardente de Galiciae de alcohol etílico de orixe agrícola, mediante a maceración e a destilación de alcohol mesturado con café tostado natural.

A elaboración e o embotellamento dos licores de café deberán ser realizados no territorio da comunidade galega.

Características

O Licor Café de Galicia deberá ter un contido en azucres mínimo de 100 g/l. A súa graduación alcohólica oscilará entre o 15% e o 40% vol.

Na mestura de alcohois, o contido mínimo de augardente acollida á Indicación Xeográfica Augardente de Galicia representará o 50% do total do alcohol absoluto.

Datos técnicos (2014)
  • Produción: 75.537 litros
  • Valor económico: 830.907 euros

Redes sociais

Multimedia