Inicio / Certificacións de orixe

Mexillón de Galicia

A Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia ampara os mexillóns que realmente proceden das rías galegas e certifica que están cultivados segundo a forma tradicional e natural das rías galegas, baseada nunha relación respectuosa co medio.

O mexillón de Galicia posúe unhas características organolépticas relacionadas directamente coa zona na que se cría, xa que as rías galegas constitúen un dos máis importantes depósitos fitoplanctónicos do planeta, e esa abundancia proporciónalle ao produto unha palatabilidade, textura, sabor e cor que diferencian a materia prima da de calquera outra orixe.

O selo da DOP indica que os produtos son orixinarios de Galicia e que a súa produción, transformación e elaboración se realiza no territorio da comunidade autónoma.

Redes sociais

Multimedia