Inicio / Certificacións de orixe

Monterrei

Os viñedos da Denominación de Orixe Monterrei esténdense pola comarca de Monterrei, na parte oriental da provincia de Ourense, e abranguen unha extensión de 467 hectáreas. Esta zona conta cun dos climas máis secos de Galicia, o que permite obter colleitas sas con tratamentos mínimos.

A conxunción de solos e clima peculiares, permite extraer uns viños brancos de cor amarela pálida ou pallosa, con irisacións douradas, potentes no nariz e con aromas frescos e a froita madura. Na boca son frescos, afroitados, cunha certa punta de acedume que equilibra e compensa o grao alcohólico (12-12,5º) e cun final lixeiramente amargo.

Ostintoscaracterízanse por posuíren unha intensa cor morada con tons violáceos ou cereixa e por presentaren un potente aroma con notas de froitas do bosque e froitos vermellos (framboesa e amorodo). Na boca apréciase acidez e alcohol (12,5º), harmoniosos e perfectamente conxuntados, frescos e con sabor a froita vermella madura.

As variedades de uva

As uvas brancas preferentes sondona branca, godelloe treixadura.Tamén están autorizadas as variedadespalomino, caíño, loureiroealbariño.

As tintas preferentes son mencía bastardo. Entre as autorizadas figuran tempranillo (araúxa), merenzao, caíño e sousón.

Datos técnicos (2014)
  • Superficie inscrita: 533 hectáreas inscritas
  • Viticultores: 446
  • Adegas: 25
  • Produción anual: 4.730 toneladas
  • Viño cualificado: 2.387.565 litros
  • Valor económico estimado: 11,3 millóns de euros

Redes sociais

Multimedia