Inicio / Certificacións de orixe

Pataca de Galicia

A Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia ampara as patacas de consumo da variedade Kennebec, cultivadas segundo as prácticas de cultivo tradicionais do xeito máis esmerado para conseguir unha calidade óptima.

A pataca protexida pola IXP comercialízase en envases novos, limpos e de materiais axeitados para favorecer a correcta ventilación do produto e mais o seu transporte.

As zonas de produción, almacenamento e envasado da pataca de consumo protexida pola IXP Pataca de Galicia están constituídas polos terreos situados nas seguintes subzonas:

  • Subzona de Bergantiños (A Coruña)
  • Subzona da Terra Chá-A Mariña (Lugo)
  • Subzona de Lemos (Lugo)
  • Subzona da Limia (Ourense)

Os tubérculos certificados na IXP presentan unha forma entre redonda e oval, con presenza de ollos moi superficiais, pel de aparencia lisa e fina e de cor amarela clara. A súa carne, de cor branca, é de textura firme e cremosa ao ser cocida e consistente en boca. A calidade para o consumo é excelente.

Datos técnicos (2012)
  • Produtores: 56
  • Almacenistas: 9
  • Superficie cultivada: 232,5 hectáreas
  • Produción controlada: 4.042 toneladas
  • Valor económico: 2,8 millóns de euros

Redes sociais

Multimedia