Inicio / Certificacións de orixe

Pemento de Herbón

A Denominación de Orixe Protexida Pemento de Herbón ampara os pementos da especie Capsicum annum L, dos ecotipos locais da variedade Padrón, procedentes das parcelas inscritas no seu rexistro.

O froito é colleitado en verde, en estado inmaturo precoz, para a súa comercialización en fresco. Debe ser de forma alongada, con tres ou catro cavidades no ápice; ter un diámetro de entre 1,5 e 2 centímetros e presentar unha pel lisa, brillante e de cor verde lixeiramente clara. O espesor da parede intermedia é fino, ten un aroma de intensidade moderada e un sabor doce que pode ser lixeiramente picante.

A área de produción e envasado dos pementos amparados pola DOP Pemento de Herbón inclúe os municipios de Padrón, Dodro e Rois, na provincia da Coruña; e os de Pontecesures e Valga, na provincia de Pontevedra.

Datos técnicos (2012)
  • Produtores: 41
  • Envasadores: 8
  • Superficie inscrita: 31,3 hectáreas
  • Produción: 88,4 toneladas
  • Valor económico: 256.000 euros


Redes sociais

Multimedia