Inicio / Certificacións de orixe

Pesca de Rías

A marca pescadeRías, de onde se non? é un selo de identidade para a promoción dos peixes e mariscos capturados pola frota artesanal galega. Todos os produtos identificados con este selo proceden do marisqueo ou da pesca de baixura que desembarca diariamente nos portos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Todos eles teñen menos de 24 horas fóra do mar no momento da súa primeira venda. Os métodos empregados para a súa extracción, ademais de seren respectuosos co medio, buscan unha pesca sustentable.

Este selo permite que os consumidores poidan distinguir con facilidade os produtos e é unha garantía de frescura e calidade, de respecto polo medio e de aplicación dunhas prácticas hixiénicas e de manipulación axeitadas por parte das empresas que os puxeron no mercado.

Os produtos pesqueiros que podemos atopar na marca pertencen a estes grandes grupos:

  • Peixes
  • Moluscos bivalvos
  • Cefalópodos
  • Crustáceos
  • Algas mariñas

Poden aparecer no mercado ademais de frescos, conxelados, transformados (conservas) e/ou elaborados (precociñados).

Redes sociais

Multimedia