Inicio / Certificacións de orixe

Rías Baixas

A Denominación de Orixe Rías Baixas, a pesar de contar con menos de 30 anos de historia, é a que ten a superficie máis extensa de todas as rexistradas en Galicia, xa que inclúe as áreas da desembocadura do río Miño e das Rías Baixas. Está composta por cinco subzonas xeográficas perfectamente individualizadas:

  • Val do Salnés
  • Condado do Tea
  • O Rosal
  • Soutomaior
  • Ribeira do Ulla

Nesta denominación elabóranse maioritariamente viños brancos, con base na variedade albariñoPolo seu clima, próximo ao límite do cultivo da vide, a DO Rías Baixas está integrada na gran rexión atlántica.

Os viños monovarietais de albariño caracterízanse por teren unha cor amarela-pallosa brillante, con irisacións douradas e verdes. No nariz posúen aromas florais e afroitados finos e distinguidos que impresionan agradablemente, unha intensidade media e unha duración medio-longa. Na boca son frescos e suaves, con suficiente corpo e grao alcohólico, acedume equilibrada, harmoniosos e con amplos matices. O seu retrogusto é pracenteiro, elegante e completo.

Os viños do Rosal e do Condado están personalizados por levaren na súa composición as variedades loureirae treixadura respectivamente. Son viños de intensos aromas, cunha lixeira acedume e na boca son plenos agradables e atractivos.

Variedades de uva

As uvas brancas preferentes son: albariño, loureira, treixadura e caíño branco. Entre as autorizadas figuran as variedades detorrontés e godello.

Astintas preferentes son caíño tinto, espadeiro, loureiro e sousónTamén figuran como autorizadas mencía e brancellao.

Datos técnicos (2014)
  • Superficie: 4.083 hectáreas
  • Viticultores: 5.756
  • Adegas: 183
  • Produción uva: 31.917 toneladas
  • Viño cualificado: 20.344.167 litros
  • Valor económico estimado: 101,7 millóns de euros

Redes sociais

Multimedia