Inicio / Certificacións de orixe

Ribeira Sacra

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra foi aprobada en 1997 e en menos de 20 anos consolidou a produción vitivinícola de máis de 1.200 hectáreas nas concas dos ríos Miño e Sil, na fronteira entre as provincias de Lugo e Ourense.

Está composta por cinco subzonas xeográficas:

  • Amandi
  • Chantada
  • Quiroga-Bibei
  • Ribeiras do Miño
  • Ribeiras do Sil

Nesta denominación predominan os viños tintos elaborados con uva mencía, que representan máis do 85% da produción total da denominación de orixe. Os caldos caracterízanse polos seus tons vermellos-rubís e violáceos, así como polos seus sabores afroitados con notas minerais.

Variedades de uva

As uvas tintas preferentes son mencía, brancellao, merenzao, sousón, caíño tinto e tempranillo. Tamén están autorizadas as uvas moratón e garnacha.

As brancas preferentes songodello, albariño loureira, treixadura, dona branca e torrontés.

Datos técnicos (2015)
  • Superficie: 1.268 hectáreas
  • Viticultores: 2.582
  • Adegas: 94
  • Produción uva: 6.206 toneladas
  • Viño cualificado: 3.499.88 litros
  • Valor económico estimado: 17,4 millóns de euros

Redes sociais

Multimedia