Inicio / Certificacións de orixe

Tarta de Santiago

A Indicación Xeográfica Protexida Tarta de Santiago ampara un doce tradicional galego, cuxos compoñentes básicos, que son as améndoas (como mínimo o 33% do peso total da masa), o azucre (33%) e os ovos (25% do peso total), se empregan segundo as condicións do regulamento interno.

A Tarta de Santiago pódese presentar forrada, é dicir, con base (que non poderá representar máis do 25% do total do peso) ou sen forrar. O forro pode ser de follado (feito con fariña de trigo, manteiga, auga e sal) ou de pasta brisa (elaborado con fariña de trigo, manteiga, azucre refinado, ovo enteiro, leite e sal).

A Tarta de Santiago admite distintos tamaños, é de forma redonda e ten unha cuberta de azucre glas decorada coa Cruz da Orde de Santiago como sinal de identidade propia. Presenta cor dourada ao corte, sabor a améndoa e textura esponxosa e granulada.

A área de elaboración do produto amparado pola IXP Tarta de Santiago esténdese por todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Datos técnicos (2013)
  • Produtores: 13
  • Produción certificada: 46,3 toneladas
  • Valor económico estimado: 556.741 euros

Redes sociais

Multimedia