Inicio / Certificacións de orixe

Licor de Herbas de Galicia

A Indicación Xeográfica Licor de Herbas de Galicia protexe esta bebida espirituosa tradicional, obtida a partir de augardentes amparadas pola Indicación Xeográfica Augardente de Galicia e de alcohol etílico de orixe agrícola, mediante a maceración e a destilación do alcohol xunto coas herbas que o caracterizan.

Tanto a elaboración como o embotellamento dos licores de herbas deberán ser realizados no territorio da comunidade galega.

Características

O licor de herbas de Galicia deberá ter un contido en azucres mínimo de 100 g/l. A súa graduación alcohólica oscilará entre o 15% e o 40% vol. Na mestura de alcohois, o contido mínimo de augardente acollida á Indicación Xeográfica Augardente de Galicia representará o 50%do total do alcohol absoluto.

Datos técnicos (2014)
  • Produción: 102.195 litros
  • Valor económico: 1,12 millóns de euros

Redes sociais

Multimedia