Inicio / Certificacións de orixe

Pemento de Mougán

A Indicación Xeográfica Protexida Pemento de Mougán ampara os pementos da especie Capsicum annuum, L., do ecotipo local coñecido por ese mesmo nome. Os froitos son semicartilaxinosos, de cor verde en estado de inmaturidade e vermellos en estado maduro, teñen forma cadrada e recóllense en verde (estado inmaturo precoz) para seren comercializados en fresco.

O Pemento de Mougán ten unha sección lonxitudinal cadrada e unha sección transversal lixeiramente sucada, co extremo apical marcado con tres ou catro cantos, pesa entre 6 e 15 gramos por unidade e ten unha lonxitude de entre 3 e 6,5 cm. Posúe unhapel de cor verde escura brillante e presenta unha carne de textura fina e zumarenta, de sabor doce, lixeiramente herbáceo e ás veces picante, con aroma de intensidade moderada.

Ámbito xeográfico

A área de produción do Pemento de Mougán está constituída pola totalidade do municipio de Guntín en Lugo. Esta zona está formada por un territorio cunhas características homoxéneas desde o punto de vista climático e edafolóxico, que determinan as características do produto. 

Redes sociais

Multimedia