Inicio / Certificacións de orixe

Pemento de Oímbra

Indicación Xeográfica Protexida Pemento de Oímbra ampara os pementos da especieCapsicum annuum, L., cultivados tradicionalmente na zona de produción. Deben proceder de parcelas inscritas no rexistro que xestionará o órgano de control da IXP edestinarse ao consumo humano comercializados en fresco.

Os froitos recóllense en verde (estado inmaturo intermedio) para seren comercializados en fresco. Tamén se poden recoller maduros (cor vermella) para a súa transformación en conserva como pementos asados, pero só os primeiros están certificados pola IXP.

O pemento de Oímbra ten forma regular, alongada, con 1 casco e 3 ou 4 costelas e sen nervaduras importantes; un peso de entre 100 e 200 gramos/unidade e unha lonxitude de entre 10 e 20 cm; un ápice de forma acuminada ou redondeada e unha pel lisa e brillante, de cor verde clara con tonalidades case amarelas. Posúe un sabor doce, sen punxencia debido á ausencia de capsicina, e un olor de intensidade media.

Ámbito xeográfico

A área de produción do pemento amparado pola IXP Pemento de Oímbra está constituída pola totalidade da comarca ourensá de Verín, integrada polos municipios de Oímbra, Verín, Castrelo do Val, Monterrei, Cualedro, Laza, Riós e Vilardevós.


Redes sociais

Multimedia