A Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega certifica os produtos obtidos do gando das razas rubia galega, morenas do noroeste, dos seus cruzamentos e de determinados cruzamentos destas con outras razas. O gando críase en explotacións controladas polo Consello Regulador.
A alimentación do gando farase respectando as normas tradicionais de aproveitamento dos pasteiros en Galicia, de acordo coas peculiaridades típicas que marcaron secularmente a produción cárnica galega e que están ligadas a factores culturais e sociolóxicos.
Na alimentación suplementaria empregaranse produtos
como millo, patacas, nabos, forraxes secas
ou frescas e concentrados baseados en cereais autorizados polo Consello
Regulador.
Quedan expresamente prohibidos
aqueles produtos que poidan interferir no ritmo normal de crecemento e no desenvolvemento do animal, así
como os derivados animais reciclados. A IXP Ternera
Gallega ampara e protexe a carne fresca de vacún procedente dos animais
nacidos, criados e sacrificados en Galicia.
É unha carne que garda un equilibrio entre o seu contido graxo e muscular, moi tenra, de gran suculencia e de textura suave. O músculo é de gran fino e de consistencia firme, e a súa cor vai do rosa claro ata o vermello suave.
As categorías, segundo a idade dos animais sacrificados, son as seguintes:
A Indicación Xeográfica Protexida Lacón Gallego protexe as extremidades dianteiras do gando porcino, tradicionalmente designadas con este nome, despois de seren curadas.
Os lacóns protexibles proceden de porcos das razas celta, large white, landrace, duroc e dos seus cruzamentos. Tamén se aceptan os cruzamentos coas razasbranca belgae pietrain, sempre que interveñan nunha proporción inferior ao 25%.
Os porcos para sacrificio deben ter como mínimo seis meses de idade e 90 quilos de peso vivo.Despois de os sacrificar, o despezamento realizarase segundo a tradición e a norma do corte redondo. A elaboración realízase en varias fases: salgadura, lavadura, asentamento e secado ou curación, cunha duración mínima de 30 días. Non se admite a afumadura.
As pezas de Lacón Gallego teñen un peso que oscila entre 3 e 5,5 quilos e tanto a zona de produción como a de elaboración comprenden toda a comunidade galega. Ademais, deben reunir as seguintes características:
A Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega certifica os produtos obtidos do gando das razas rubia galega, morenas do noroeste, dos seus cruzamentos e de determinados cruzamentos destas con outras razas. O gando críase en explotacións controladas polo Consello Regulador.
A alimentación do gando farase respectando as normas tradicionais de aproveitamento dos pasteiros en Galicia, de acordo coas peculiaridades típicas que marcaron secularmente a produción cárnica galega e que están ligadas a factores culturais e sociolóxicos.
Na alimentación suplementaria empregaranse produtos
como millo, patacas, nabos, forraxes secas
ou frescas e concentrados baseados en cereais autorizados polo Consello
Regulador.
Quedan expresamente prohibidos
aqueles produtos que poidan interferir no ritmo normal de crecemento e no desenvolvemento do animal, así
como os derivados animais reciclados. A IXP Ternera
Gallega ampara e protexe a carne fresca de vacún procedente dos animais
nacidos, criados e sacrificados en Galicia.
É unha carne que garda un equilibrio entre o seu contido graxo e muscular, moi tenra, de gran suculencia e de textura suave. O músculo é de gran fino e de consistencia firme, e a súa cor vai do rosa claro ata o vermello suave.
As categorías, segundo a idade dos animais sacrificados, son as seguintes:
Galicia Calidade, S.A.U. Complexo administrativo de San Lázaro, s/n. Edificio IGAPE 3o 15703 Santiago de Compostela
Telf.: +34 881 995 230 Fax: + 34 881 995 238 info@galiciacalidade.gal