Inicio / Certificacións de orixe

Viños da Terra

A denominación de Viños da Terra ampara os caldos producidos en determinadas áreas xeográficas,de acordo coas normas específicas establecidas para o seu control. Na actualidade existen en Galicia as denominacións Viño da Terra deBarbanza e Iria, Viño da Terra de Betanzose Viño da Terra Val do Miño-Ourense.


Viño da Terra de Barbanza e Iria

A área de produción desta denominación está constituída polos terreos aptos para a produción de uva dosconcellos de Boiro, Catoira, Dodro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira e Valga, Lousame, Padrón e Porto do Son, no sur da provincia da Coruña, ePontecesures (Pontevedra).

As uvas brancas preferentes son: albariño, caíño branco, godello, loureiro branco, treixadura e torrontés.Astintas preferentesson:brancellao, caíño tinto, espadeiro, loureiro tinto, mencía e sousón.

Datos técnicos (2015)

  • Superficie: 7,6 hectáreas
  • Viticultores: 11
  • Adegas: 3
  • Produción uva: 45,9 toneladas

Viño da Terra de Betanzos

Pódense acoller a esta denominación os viños de mesa producidos, elaborados e embotellados na comarca vitivinícola de Betanzos,que abrangue os concellos de Bergondo, Betanzos, Coirós, Miño e Paderne, Abegondo, Oza dos Ríos e Sada.

Os caldos teranse que elaborar como mínimo cun 60% de uvas das seguintes variedades consideradas como recomendadas:

  • Brancas: godello
  • Tintas: mencía, brancellao e merenzao

Datos técnicos (2015)

  • Superficie: 9,75 hectáreas
  • Viticultores: 12
  • Adegas: 6
  • Produción uva: 51,5 toneladas

Viño da Terra Val do Miño-Ourense

A área de produción que se pode acoller á denominación Viño da Terra Val do Miño-Ourense está formada polos concellos de A Peroxa, O Pereiro de Aguiar, Coles, Ourense, Barbadás, San Cibrao das Viñas e Toén.Quedan excluídas as que superan a cota dos 350 metros de altitude e aquelas que pertencen á Denominación de Orixe Ribeiro.

Os caldos teranse que elaborar como mínimo cun 60% de uvas das seguintes variedades consideradas como recomendadas:

  • Brancas: treixadura, torrontés, godello, albariño e loureira.
  • Tintas: mencía, brancellao, mouratón, sousón e caíño.

A porcentaxe restante será necesariamente de uva das seguintes variedades, consideradas como autorizadas:palomino(brancas) e garnacha (tintas).

Datos técnicos (2015)

  • Superficie: 5,1 hectáreas
  • Viticultores: 8
  • Adegas: 5
  • Produción uva: 41,2 toneladas

Redes sociais

Multimedia