A agricultura ecolóxica é un sistema de produción de alimentos baseado no respecto do medio, do benestar animal e do mantemento e mellora da fertilidade do solo. Nela empréganse prácticas agrícolas que evitan ou exclúen a case totalidade de produtos químicos de síntese, como fertilizantes, produtos fitosanitarios, etc.
Para manter a produción, recórrese a outras técnicas como a rotación e a asociación de cultivos, a utilización de abonos verdes, o control biolóxico de pragas e o aumento da biodiversidade mediante o establecemento de sebes e o mantemento da vexetación dentro das parcelas.
Esta denominación ampara a totalidade da produción primaria, así como a elaboración e a transformación dos alimentos, polo que as presentacións posibles son todas as que habitualmente se dan para calquera produto alimentario.
O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) exerce o control en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta denominación protexe todas as producións agrícolas vexetais e animais non transformadas, os produtos agrícolas vexetais e animais transformados destinados á alimentación humana e os alimentos, pensos compostos e materias primas para a alimentación animal.
Os produtos procedentes da agricultura ecolóxica posúen a máxima calidade nutritiva, sanitaria e organoléptica, ademais de manteren as súas propiedades alimenticias e de madurez durante máis tempo.
A Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia certifica os froitos obtidos a partir dos cultivos autóctonos galegos do castiñeiro europeo (Castanea sativa, Mill.) destinados ao consumo humano e comercializados en fresco ou conxelados.
As castañas amparadas pola IXP Castaña de Galicia deberanse cultivar e procesar segundo o establecido na súa normativa e no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia,. Dende o punto de vista administrativo, a zona de cultivo e recolección abrangue:
A demarcación da área de produciónresponde a unhas condicións pluviométricas, térmicas, hipsométricase de solos óptimas para o cultivo de castañas de calidade.
A Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá ampara as fabas secas separadas da vaíñaprocedentes da familia das fabáceas ou das leguminosas, especiePhaseolus vulgaris, L, da variedade local coñecida como Faba Galaica.
Proceden de sementes certificadas, do reemprego controlado da propia explotación ou de sementes procedentes doutras plantacións inscritas nos rexistros do órgano de control. O seu destino é o consumo humano. As fabas deberán estarsas, enteiras, limpas e exentas tanto de defectos externos como de olores ou de sabores estraños.
A área de produción das fabas amparadas pola IXP Faba de Lourenzá é o territorio costeiro da provincia de Lugo, integrado polas comarcas da Mariña Occidental, A Mariña Central e A Mariña Oriental, e que engloba os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. A área de produción coincide coa de envasado.
As fabas amparadas por esta indicación xeográfica presentanforma de ril, longo, semicheo, de cor branca uniforme; tamaño moi grande (80-120 g/100 sementes); humidade entre o 14% e o 17%; escasa proporción de pel, entre o 8 e% o 10%; elevada capacidade de absorción de auga, superior ao 100%, e excepcional comportamento en cocción. Destaca a pastosidade da polpa, exenta de grumos e apenas diferenciada da pel.
A Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia ampara o mel obtido da apicultura galega, procedente de colmeas mobilistas e extraído por decantación ou por centrifugación.O mel élle presentado ao consumidor en estado líquido ou sólido (cristalizado ou cremoso) e conserva todas as súas propiedades naturais.
A zona de produción, elaboración e envasado dos meles amparados pola IXP Mel de Galicia abrangue todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo a súa orixe botánica, o mel de Galicia pódese clasificar en:
A Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea certifica a produción do pan que se elabora no ámbito da zona protexida, nas instalacións inscritas no Rexistro do Consello Regulador, empregando fariña de trigo, auga, sal e fermento como únicas materias primas e respectando o proceso de elaboración tradicional, en fornos que reúnan as características típicas e específicas dos fornos da zona.
A zona de elaboración do pan amparado pola IXP Pan de Cea é a que abrangue o municipio de San Cristovo de Cea(Ourense). Nesta localidade vénse elaborando dende tempos moi remotos un pan cuxa excepcional calidade lle fixo acadar unha gran sona que acabou traspasando as fronteiras da súa comarca.
As pezas de pan teñen forma alongada e arredondada nos extremos. No medio da parte superior presentan unha fenda transversal característica, que divide o pan en dúas partes iguais, avultadas e ensambladas.
A codia é grosa e de espesor variable, cunha consistencia dura e ríxida, con rotura crocante e con tendencia a facer láminas, cor dende dourada a castaño escura e sabor a tostado.
A miga ten textura esponxosa, fibrosa e firme. Presenta pouco alveolado, distribuído de forma irregular e de tamaño moi variable, cor apergamiñada e sabor intenso a trigo. As pezas preséntanse nos seguintes formatos:
A Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia ampara as patacas de consumo da variedade Kennebec, cultivadas segundo as prácticas de cultivo tradicionais do xeito máis esmerado para conseguir unha calidade óptima.
A pataca protexida pola IXP comercialízase en envases novos, limpos e de materiais axeitados para favorecer a correcta ventilación do produto e mais o seu transporte.
As zonas de produción, almacenamento e envasado da pataca de consumo protexida pola IXP Pataca de Galicia están constituídas polos terreos situados nas seguintes subzonas:
Os tubérculos certificados na IXP presentan unha forma entre redonda e oval, con presenza de ollos moi superficiais, pel de aparencia lisa e fina e de cor amarela clara. A súa carne, de cor branca, é de textura firme e cremosa ao ser cocida e consistente en boca. A calidade para o consumo é excelente.
A Denominación de Orixe Protexida Pemento de Herbón ampara os pementos da especie Capsicum annum L, dos ecotipos locais da variedade Padrón, procedentes das parcelas inscritas no seu rexistro.
O froito é colleitado en verde, en estado inmaturo precoz, para a súa comercialización en fresco. Debe ser de forma alongada, con tres ou catro cavidades no ápice; ter un diámetro de entre 1,5 e 2 centímetros e presentar unha pel lisa, brillante e de cor verde lixeiramente clara. O espesor da parede intermedia é fino, ten un aroma de intensidade moderada e un sabor doce que pode ser lixeiramente picante.
A área de produción e envasado dos pementos amparados pola DOP Pemento de Herbón inclúe os municipios de Padrón, Dodro e Rois, na provincia da Coruña; e os de Pontecesures e Valga, na provincia de Pontevedra.
A Indicación Xeográfica Protexida Pemento do Couto ampara os pementos da especie Capsicum annum L, dos ecotipos locais da variedade dese mesmo nome. O seu período de comercialización previsto vai dende o 15 de abril ata o 31 de outubro, aínda que se pode alongar ou acurtar en función das circunstancias meteorolóxicas ou das características do produto.
O pemento é colleitado en verde, en estado inmaturo precoz, para a súa comercialización en fresco. Debe ser de forma alongada, con tres ou catro cavidades no ápice; pesar entre 4 e 6 gramos por unidade e medir entre 4 e 8 centímetros de longo e 2 centímetros de ancho.
A pel é verde escura e ten pouco brillo. A parede ou carne posúe un espesor que varía entre 1 e 1,5 centímetros, é de textura fina, de sabor doce, lixeiramente herbáceo, sen punxencia, con aroma de intensidade moderada e con escasa presenza de sementes.
A área de produción dos pementos amparados pola IXP Pemento do Couto inclúe os municipios de Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, Moeche, As Somozas, San Sadurniño, Neda, Fene, Mugardos e Ares, na provincia da Coruña.
A Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia ampara a parte vexetativa destinada ao consumo humano procedente dos nabos (Brassica rapa. L. var. Rapa) das variedades correspondentes aos ecotipos de Santiago e Lugo, así como as variedades comerciais coñecidas comoGrelos de Santiago e Globo Branco de Lugo.
Estes produtos comercialízanse en fresco (feixes de 0,5 ou de 1 kg, atados pola metade), conxelados ou en conservas, elaborados ao natural. No caso de seren sometidos a procesos de transformación distintos, poderán informar que están elaborados con produtos amparados pola IXP Grelos de Galicia.
Osgrelos, despois da súa cocción, presentan as seguintes características organolépticas: cor verde intensa, sabor lixeiramente acedo combinado con certo amargor, textura lixeiramente fibrosa e dureza baixadebido ao baixo contido en fibra alimentaria.
A área de produción dos grelos amparados pola IXP abrangue todos os municipios da Comunidade Autónoma de Galicia. A manipulación, transformación e envasado dos grelos deberase realizar na zona de produción delimitada.
A Indicación Xeográfica Protexida Tarta de Santiago ampara un doce tradicional galego, cuxos compoñentes básicos, que son as améndoas (como mínimo o 33% do peso total da masa), o azucre (33%) e os ovos (25% do peso total), se empregan segundo as condicións do regulamento interno.
A Tarta de Santiago pódese presentar forrada, é dicir, con base (que non poderá representar máis do 25% do total do peso) ou sen forrar. O forro pode ser de follado (feito con fariña de trigo, manteiga, auga e sal) ou de pasta brisa (elaborado con fariña de trigo, manteiga, azucre refinado, ovo enteiro, leite e sal).
A Tarta de Santiago admite distintos tamaños, é de forma redonda e ten unha cuberta de azucre glas decorada coa Cruz da Orde de Santiago como sinal de identidade propia. Presenta cor dourada ao corte, sabor a améndoa e textura esponxosa e granulada.
A área de elaboración do produto amparado pola IXP Tarta de Santiago esténdese por todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
A Indicación Xeográfica Protexida Pemento de Mougán ampara os pementos da especie Capsicum annuum, L., do ecotipo local coñecido por ese mesmo nome. Os froitos son semicartilaxinosos, de cor verde en estado de inmaturidade e vermellos en estado maduro, teñen forma cadrada e recóllense en verde (estado inmaturo precoz) para seren comercializados en fresco.
O Pemento de Mougán ten unha sección lonxitudinal cadrada e unha sección transversal lixeiramente sucada, co extremo apical marcado con tres ou catro cantos, pesa entre 6 e 15 gramos por unidade e ten unha lonxitude de entre 3 e 6,5 cm. Posúe unhapel de cor verde escura brillante e presenta unha carne de textura fina e zumarenta, de sabor doce, lixeiramente herbáceo e ás veces picante, con aroma de intensidade moderada.
A área de produción do Pemento de Mougán está constituída pola totalidade do municipio de Guntín en Lugo. Esta zona está formada por un territorio cunhas características homoxéneas desde o punto de vista climático e edafolóxico, que determinan as características do produto.
A Indicación Xeográfica Protexida Pemento da Arnoia ampara os pementos da especie Capsicum annuum, L, cultivados tradicionalmente na zona de produción. Deben proceder de parcelas inscritas no rexistro que xestionará o órgano de control da IXP e destinarse ao consumo humano e á comercialización en fresco.
Os froitos recóllense en verde (estado inmaturo intermedio) para seren comercializados en fresco. Tamén se poden recoller maduros (cor vermella) para a súa transformación en conserva. Só os primeiros están certificados pola IXP.
O aproveitamento do froito realízase cando este aínda non madurou. Ten forma cónica, acampanada, con 3 ou 4 cascos, 4 costelas e un número variable de septos lonxitudinais bastante patentes; un ápice fendido ou redondeado; a pel lisa e brillante de cor verde clara; un peso de entre 50 e 90 gramos por unidade; unha lonxitude de entre 7,5 e 11 cm e unha anchura aproximada de entre 5 e 7 cm. O pemento de Arnoia posúe un olor intenso e un sabor doce, con moi baixa punxencia.
O ámbito xeográfico da zona de produción amparada pola IXP Pemento da Arnoia abrangue unha área de 23 quilómetros cadrados, constituída polo termo municipal da Arnoia e pola parroquia de Meréns (Cortegada), na comarca do Ribeiro (Ourense).
A Indicación Xeográfica Protexida Pemento de Oímbra ampara os pementos da especieCapsicum annuum, L., cultivados tradicionalmente na zona de produción. Deben proceder de parcelas inscritas no rexistro que xestionará o órgano de control da IXP edestinarse ao consumo humano comercializados en fresco.
Os froitos recóllense en verde (estado inmaturo intermedio) para seren comercializados en fresco. Tamén se poden recoller maduros (cor vermella) para a súa transformación en conserva como pementos asados, pero só os primeiros están certificados pola IXP.
O pemento de Oímbra ten forma regular, alongada, con 1 casco e 3 ou 4 costelas e sen nervaduras importantes; un peso de entre 100 e 200 gramos/unidade e unha lonxitude de entre 10 e 20 cm; un ápice de forma acuminada ou redondeada e unha pel lisa e brillante, de cor verde clara con tonalidades case amarelas. Posúe un sabor doce, sen punxencia debido á ausencia de capsicina, e un olor de intensidade media.
A área de produción do pemento amparado pola IXP Pemento de Oímbra está constituída pola totalidade da comarca ourensá de Verín, integrada polos municipios de Oímbra, Verín, Castrelo do Val, Monterrei, Cualedro, Laza, Riós e Vilardevós.
Galicia Calidade, S.A.U. Complexo administrativo de San Lázaro, s/n. Edificio IGAPE 3o 15703 Santiago de Compostela
Telf.: +34 881 995 230 Fax: + 34 881 995 238 info@galiciacalidade.gal