A marca pescadeRías, de onde se non? é un selo de identidade para a promoción dos peixes e mariscos capturados pola frota artesanal galega. Todos os produtos identificados con este selo proceden do marisqueo ou da pesca de baixura que desembarca diariamente nos portos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Todos eles teñen menos de 24 horas fóra do mar no momento da súa primeira venda. Os métodos empregados para a súa extracción, ademais de seren respectuosos co medio, buscan unha pesca sustentable.
Este selo permite que os consumidores poidan distinguir con facilidade os produtos e é unha garantía de frescura e calidade, de respecto polo medio e de aplicación dunhas prácticas hixiénicas e de manipulación axeitadas por parte das empresas que os puxeron no mercado.
Os produtos pesqueiros que podemos atopar na marca pertencen a estes grandes grupos:
Poden aparecer no mercado ademais de frescos, conxelados, transformados (conservas) e/ou elaborados (precociñados).
A Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia ampara os mexillóns que realmente proceden das rías galegas e certifica que están cultivados segundo a forma tradicional e natural das rías galegas, baseada nunha relación respectuosa co medio.
O mexillón de Galicia posúe unhas características organolépticas relacionadas directamente coa zona na que se cría, xa que as rías galegas constitúen un dos máis importantes depósitos fitoplanctónicos do planeta, e esa abundancia proporciónalle ao produto unha palatabilidade, textura, sabor e cor que diferencian a materia prima da de calquera outra orixe.
O selo da DOP indica que os produtos son orixinarios de Galicia e que a súa produción, transformación e elaboración se realiza no territorio da comunidade autónoma.
Galicia Calidade, S.A.U.
Complexo administrativo de San Lázaro, s/n.
Edificio IGAPE 3o 15703 Santiago de Compostela
Telf.: +34 881 995 230
Fax: + 34 881 995 238
info@galiciacalidade.gal