A introdución da viticultura en Galicia data da época dos romanos e conta cunha longa tradición nas comarcas bañadas polos ríos Sil e Miño e nas Rías Baixas. O impulso á produción do viño materializouse a finais do século XX e a comezos do século XXI, cando se realizou unha aposta decidida pola calidade e o impulso dos controis de calidade mediante denominacións de orixe específicas.
Na actualidade, en Galicia hai case 10.000 hectáreas destinadas á produción vitivinícola, controladas por seis denominacións de orixe e que producen cerca de 50.000 toneladas de uva. En total, están rexistradas unhas 450 adegas e case 16.400 viticultores.
As variedades de uva son diversas. Nos viños tintos utilízanse mencía, merenzao, tempranillo, caíño, espadeiro loureiro, sousón, ferrón, brancellao, garnacha ou negreda. Nos viños brancos utilízanse as variedades dona branca, godello, treixadura, loureiro, albariño, caíño, torrontés, palomino, macabeo, lado ou albilla.
Denominacións de orixe de Galicia
Os viñedos da Denominación de Orixe Monterrei esténdense pola comarca de Monterrei, na parte oriental da provincia de Ourense, e abranguen unha extensión de 467 hectáreas. Esta zona conta cun dos climas máis secos de Galicia, o que permite obter colleitas sas con tratamentos mínimos.
A conxunción de solos e clima peculiares, permite extraer uns viños brancos de cor amarela pálida ou pallosa, con irisacións douradas, potentes no nariz e con aromas frescos e a froita madura. Na boca son frescos, afroitados, cunha certa punta de acedume que equilibra e compensa o grao alcohólico (12-12,5º) e cun final lixeiramente amargo.
Ostintoscaracterízanse por posuíren unha intensa cor morada con tons violáceos ou cereixa e por presentaren un potente aroma con notas de froitas do bosque e froitos vermellos (framboesa e amorodo). Na boca apréciase acidez e alcohol (12,5º), harmoniosos e perfectamente conxuntados, frescos e con sabor a froita vermella madura.
As uvas brancas preferentes sondona branca, godelloe treixadura.Tamén están autorizadas as variedadespalomino, caíño, loureiroealbariño.
As tintas preferentes son mencía e bastardo. Entre as autorizadas figuran tempranillo (araúxa), merenzao, caíño e sousón.
A Denominación de Orixe Rías Baixas, a pesar de contar con menos de 30 anos de historia, é a que ten a superficie máis extensa de todas as rexistradas en Galicia, xa que inclúe as áreas da desembocadura do río Miño e das Rías Baixas. Está composta por cinco subzonas xeográficas perfectamente individualizadas:
Nesta denominación elabóranse maioritariamente viños brancos, con base na variedade albariño. Polo seu clima, próximo ao límite do cultivo da vide, a DO Rías Baixas está integrada na gran rexión atlántica.
Os viños monovarietais de albariño caracterízanse por teren unha cor amarela-pallosa brillante, con irisacións douradas e verdes. No nariz posúen aromas florais e afroitados finos e distinguidos que impresionan agradablemente, unha intensidade media e unha duración medio-longa. Na boca son frescos e suaves, con suficiente corpo e grao alcohólico, acedume equilibrada, harmoniosos e con amplos matices. O seu retrogusto é pracenteiro, elegante e completo.
Os viños do Rosal e do Condado están personalizados por levaren na súa composición as variedades loureirae treixadura respectivamente. Son viños de intensos aromas, cunha lixeira acedume e na boca son plenos agradables e atractivos.
As uvas brancas preferentes son: albariño, loureira, treixadura e caíño branco. Entre as autorizadas figuran as variedades detorrontés e godello.
Astintas preferentes son caíño tinto, espadeiro, loureiro e sousón. Tamén figuran como autorizadas mencía e brancellao.
A Denominación de Orixe Ribeira Sacra foi aprobada en 1997 e en menos de 20 anos consolidou a produción vitivinícola de máis de 1.200 hectáreas nas concas dos ríos Miño e Sil, na fronteira entre as provincias de Lugo e Ourense.
Está composta por cinco subzonas xeográficas:
Nesta denominación predominan os viños tintos elaborados con uva mencía, que representan máis do 85% da produción total da denominación de orixe. Os caldos caracterízanse polos seus tons vermellos-rubís e violáceos, así como polos seus sabores afroitados con notas minerais.
As uvas tintas preferentes son mencía, brancellao, merenzao, sousón, caíño tinto e tempranillo. Tamén están autorizadas as uvas moratón e garnacha.
As brancas preferentes songodello, albariño loureira, treixadura, dona branca e torrontés.
A orixe do viño do Ribeiro remóntase á época romana, pero o seu esplendor chegou da man dos monxes do Císter, que se estableceron no mosteiro de San Clodio (Leiro) e levaron a cabo un inxente labor de reimplantación e estudos das vides.
A Denominación de Orixe Ribeiro está situada no bordo noroccidental da provincia de Ourense, nas confluencias dos vales formados polos ríos Miño, Avia e Arnoia, e conta cunha extensión de 2.800 hectáreas de viñedo.
O viñedo esténdese dende os 75 ata os 400 metros de altitude por vales e ladeiras. Estas últimas ás veces presentan unha pendente moi pronunciada que se salva mediante terrazas que seguen as curvas de nivel.
O peculiar clima desta zona vese favorecido polas barreiras naturais e pola súa situación meridional en Galicia, que protexen o territorio das borrascas subatlánticas e proporcionan un ecoclima de transición oceánico-mediterráneo. Os solos teñen unha profundidade media de entre 70 e 100 centímetros e son fundamentalmente de orixe granítica con importante presenza de pedras e gravas.
Máis do 85% da produción do Ribeiro é viño branco. Estes caldos caracterízanse por seren limpos e transparentes, con tonalidades que van dende o pálido ao palloso e con reflexos verdosos. Posúen aromas florais, afroitados e balsámicos.
Os tintos, que supoñen menos do 15% da produción, teñen unha menor proxección e o seu consumo é doméstico. Presentan tons brillantes de vermello picota e reflexos violáceos, aromas afroitados e un intenso sabor aromático cun punto de acedume.
As uvas brancas preferentes son treixadura, palomino, torrontés, godello, macabeo, albillo, loureira e albariño.
Astintas preferentes son caíño, garnacha, ferrón, sousón, mencía, tempranillo e brancellao.
A tradición vitivinícola de Valdeorras remóntase á época romana. No ano 1945 recoñeceuse a Denominación de Orixe Valdeorras, que naceu coa vocación de traballar na recuperación de variedades autóctonas comogodello e mencía.
As zonas de produción ocupan gran parte das concas dos ríos Sil, Xares e Bibei na comarca de Valdeorras (Ourense), na parte máis oriental de Galicia. Nestas zonas o clima é máis seco ca no resto de Galicia, xa que combina a influencia atlántica con trazos da continental. Os solos son variados, dende os louseños, pasando polos graníticos, ata os que se asentan sobre sedimentos e terrazas.
O viño máis emblemático é o branco godello, de fino aroma afroitado, cor amarela dourada ou pallosa, boa estrutura en boca e cunha graduación alcohólica media de 12,5º. En tintos, destacan os caldos elaborados con mencía, de intensa cor púrpura e elegante aroma afroitado, lixeiros e saborosos, con bo equilibrio alcohol-acedume, apetitosos e de retrogusto intenso e prolongado.
As uvas brancas preferentes son godello, loureira, treixadura, dona branca, albariño, torrontés e lado. Como autorizadas figura a variedade depalomino.
As tintas preferentes son mencía, tempranillo, brancellao, merenzao, sousón, caíño, espadeiro e ferrón. Tamén figuran como autorizadas as variedades degarnacha, gran negro e mouratón.
A denominación de Viños da Terra ampara os caldos producidos en determinadas áreas xeográficas,de acordo coas normas específicas establecidas para o seu control. Na actualidade existen en Galicia as denominacións Viño da Terra deBarbanza e Iria, Viño da Terra de Betanzose Viño da Terra Val do Miño-Ourense.
A área de produción desta denominación está constituída polos terreos aptos para a produción de uva dosconcellos de Boiro, Catoira, Dodro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira e Valga, Lousame, Padrón e Porto do Son, no sur da provincia da Coruña, ePontecesures (Pontevedra).
As uvas brancas preferentes son: albariño, caíño branco, godello, loureiro branco, treixadura e torrontés.Astintas preferentesson:brancellao, caíño tinto, espadeiro, loureiro tinto, mencía e sousón.
Datos técnicos (2015)
Pódense acoller a esta denominación os viños de mesa producidos, elaborados e embotellados na comarca vitivinícola de Betanzos,que abrangue os concellos de Bergondo, Betanzos, Coirós, Miño e Paderne, Abegondo, Oza dos Ríos e Sada.
Os caldos teranse que elaborar como mínimo cun 60% de uvas das seguintes variedades consideradas como recomendadas:
Datos técnicos (2015)
A área de produción que se pode acoller á denominación Viño da Terra Val do Miño-Ourense está formada polos concellos de A Peroxa, O Pereiro de Aguiar, Coles, Ourense, Barbadás, San Cibrao das Viñas e Toén.Quedan excluídas as que superan a cota dos 350 metros de altitude e aquelas que pertencen á Denominación de Orixe Ribeiro.
Os caldos teranse que elaborar como mínimo cun 60% de uvas das seguintes variedades consideradas como recomendadas:
A porcentaxe restante será necesariamente de uva das seguintes variedades, consideradas como autorizadas:palomino(brancas) e garnacha (tintas).
Datos técnicos (2015)
Galicia Calidade, S.A.U.
Complexo administrativo de San Lázaro, s/n.
Edificio IGAPE 3o 15703 Santiago de Compostela
Telf.: +34 881 995 230
Fax: + 34 881 995 238
info@galiciacalidade.gal